Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Presentación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Agricultura

A Consellería do Medio Rural e do Mar incentiva o aproveitamento do potencial do sector agrícola, como base da produción alimentaria de calidade.

Apóstase por afortalar un sector con capacidades de atender as demandas cada vez máis esixentes dos consumidores e de competir no mercado internacional pola vía da distinción de calidade ao tempo que se optimizan os recursos.

A produción de alimentos de calidade é un dos principais activos da economía galega. Preténdese reivindicar a defensa da utilización, consumo e distribución de produtos agroalimentarios galegos para pór en valor os nosos recursos e para xerar riqueza mediante o peche do ciclo produtivo no noso País.

Apóianse aquelas explotacións e cooperativas que buscan unha vía de transformación e de comercialización directa dos seus produtos prímando a través desta liña de actuación os aspectos relacionados coa innovación tecnolóxica e a aplicación de I+D+i.

A mellora das condicións de vida e de traballo dos agricultores e gandeiros é necesaria para seguir tendo un sector agroalimentario forte. A defensa dos seus intereses, así como das industrias agroalimentarias que operan no noso país, creando emprego e riqueza, segue tendo unha importancia vital para o mantemento dun medio rural vivo e con futuro.

Estimúlase o desenvolvemento dun sector agrícola que respecte a biodiversidade, os métodos de produción compatíbeis coa protección do contorno e a remuneración das funcións territoriais, sociais e ambientais da actividade agraria.

Flor
O sector da flor e da planta ornamental en Galicia ten un significativo alcance económico ao representar o 8,41% da produción final agraria.
Maquinaria agrícola
Medidas para favorecer a renovación do parque de tractores e a promoción do uso de maquinaria e de equipamento agrario en réxime asociativo.
Consello agrario
Órgano permanente de participación, asesoramento, diálogo e consulta do Goberno galego en materia agraria e desenvolvemento rural.
Oficina Agraria Virtual
A oficina agraria virtual é unha ventanilla de atención ao usuario en Internet. Desde aquí poderá acceder de forma directa aos servizos da área de agricultura.

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS