Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Isoetes fluitans (Isoetes fluitans)

Descrición

Planta acuática, con talo moi curto do que xorden as frondes. Estas portan na súa parte basal os esporanxios.

É un fieito heterospóreo, con macrosporas esféricas e verrugosas (484,6-730,74 mm) ou microsporas espinulosas con forma de media lúa (27,5-42,5 x 15-25 mm). As súas esporas desenvólvense entre xullo e setembro. É unha planta hidrófila.

Hábitat

Crece nalgúns leitos fluviais sobre substratos silíceos e areosos de augas oligótrofas e ben osixenadas (Romero & Onandia, 1995).

Distribución

Un fieito endémico con só dous núcleos poboacionais: en ribeiras dos ríos da Costa da Morte e en Lugo (na conca alta do Miño). Entre ambos os núcleos coñécense algunhas pequenas e illadas poboacións. Soamente o núcleo poboacional da conca alta do Miño se encontra nunha área LIC (Ladra-Parga-Támoga).

Estado de conservación

A poboación encóntrase moi fragmentada e ameazada. Os vertidos incontrolados aos ríos e outros factores como o desenvolvemento de infraestruturas de recreo (praias e paseos fluviais, etc.), a presión antrópica e a limpeza de leitos son as principais afeccións a que se ve sometida.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (32 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS