O obxectivo das estratexias comunitaria, española e galega de biodiversidade é frear o ritmo a que se reducen e extinguen especies, hábitats, ecosistemas e xenes (noutras palabras, a biodiversidade). Esas estratexias sinalan cara a onde entenden o conxunto de institucións e mais a sociedade civil que deben orientarse as actuacións encamiñadas a conservar e fomentar o uso sustentable da diversidade biolóxica, baseándose en gran medida na elaboración de plans sectoriais que consideren as afeccións que tales sectores exercen sobre a biodiversidade biolóxica. Para iso, inclúen liñas directrices de carácter horizontal que teñen a función de avanzar os criterios a que deberían axustarse os plans sectoriais, ademais dun conxunto de medidas e actuacións, algunhas de aplicación directa, mentres que outras requiren unha reflexión e a elaboración dunha planificación posterior.
A posta en práctica do principio de responsabilidade compartida supón que desde a Administración pública ata a cidadanía en xeral, pasando polos responsables dos sectores socioeconómicos, se adquira o compromiso de levar a cabo as tarefas necesarias para conservar a biodiversidade. Neste marco, os plans sectoriais deben partir da constatación dos impactos xerados á biodiversidade polas actuacións históricas do sector coa finalidade de establecer diagnósticos claros que permitan adoptar medidas efectivas para evitar ou paliar esas afeccións negativas no futuro, complementada coa avaliación ambiental estratéxica.
Por outra banda, de acordo coas estratexias citadas anteriormente o mantenemento da biodiversidade tamén require a definición e adopción de medidas de actuación dirixidas especificamente á súa conservación, competencia que no marco da nosa Administración Autonómica correspóndelle principalmente á Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Para elo, esta Dirección Xeral está a desenvolver na actualidade distintas liñas de traballo para a conservación da biodiversidade en Galicia, que implican traballar a distintos niveis, que van dende a elaboración de plans de acción xerais (especies invasoras, loita contra o uso de ilegal de veleno,..) e específicos (plans de recuperación e conservación de especies ameazadas), ata protocolos de traballo, ferramentas legais e a aplicación directa de medidas de conservación. A planificación das accións realízase baseándose nos obxectivos de desenvolvemento establecidos nas estratexias anteriormente indicadas, así como á luz de novas circunstancias e información científica, sendo os ámbitos de acción que se pretende abordar os seguintes:
Como desafío márcase a participación de todos os sectores relevantes involucrados na conservación e o uso sustentable da biodiversidade: o sector público, os axentes produtivos, as ONGs, científicos e outras instancias relevantes de participación cidadá. Nesta liña, e aos efectos de manter a información máis completa e actualizada sobre o estado de conservación da nosa biodiversidade, creouse un órgano asesor específico denominado Observatorio galego da biodiversidade que serve de mecanismo de cooperación neste ámbito entre a consellería competente en materia de medio ambiente, as universidades, institutos de investigación e outras organizacións que poidan acheguar información ao respecto.

Protección da avifauna en liñas electricas
Conservación de especies ameazadas
Plan de especies exóticas invasoras
