Audioguías para acompañar ao visitante do parque Nacional das Illas Atlánticas A Consellería ofrece de xeito gratuíto a posibilidade de que os visitantes descarguen dende está páxina web, en formato mp3 ou zip, audioguías ou vídeos que posteriormente poderá usar no seu reproductor MP3/MP4 durante a visita ao parque. Neste sentido, poderá elixir de entre varias rutas, e a audioguía iralle indicando os elementos máis relevantes de cada zona do parque a medida que vaia paseando. Tamén poderá descargar e imprimir un pequeno mapa básico de cada ruta.
Pesca fluvial en Galicia A través deste servizo, os pescadores con licenza en Galicia poden tramitar por vía telemática diferentes procedementos administrativos relacionados coa pesca fluvial, tales como solicitudes para participar nos sorteos de permisos de pesca en cotos, ou consultas diversas relacionada coa pesca fluvial (dispoñibilidade de cotos, etc.).