A Directiva 1999/74/CE do Consello, de 19 de xullo de 1999, pola que se establecen as normas mínimas de protección das galiñas poñedoras, incorporada ao ordenamento español polo Real Decreto 3/2002, de 11 de xaneiro, polo que se establecen as normas mínimas de protección de galiñas poñedoras estableceu a necesidade de mellorar as condicións de benestar de ditos animais, impoñendo medidas destinadas á súa consecución. De conformidade coa dita regulación, a cría de galiñas en gaiolas non acondicionadas, que se permitira para as explotacións preexistentes a data de 1 de xaneiro de 2003, queda prohibida a partir do 1 de xaneiro de 2012.
A normativa comunitaria de desenvolvemento rural ofrece a posibilidade de establecer un período de graza que permite conceder axudas á adaptación de normas comunitarias ata o 31 de decembro de 2014, aínda que esta posibilidade tan so se aplica á concesión de axudas e non significa que se permita prórroga algunha no cumprimento da normativa de benestar animal.
Por isto para facilitar o cumprimento da norma en cuestión é necesario articular unha liña de axuda que incentive a realización das inversións necesarias para que as instalacións cumpran as novas condicións de benestar animal das galiñas poñedoras. En tal sentido, a renovación das gaiolas non adaptadas das citadas explotacións por outras adaptadas, de acordo co establecido nos Anexos III ou IV do Real Decreto 3/2002, considérase como elixible no marco da medida 121 do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.
Polo tanto as axudas reguladas nesta orde van dirixidas exclusivamente aos titulares de explotacións avícolas que presenten plans necesarios para a adaptación das explotacións avícolas de posta aos sistemas de cría non acondicionados aos establecidos nos Anexos III ou IV do Real Decreto 3/2002.
O cofinanciamento do Feader nestas axudas poderá acadar unha porcentaxe do 57,56% do gasto executado.
Orde de axudas - Ano 2012 (662 Kb)
Orde de axudas - Ano 2011 (865 Kb)

