Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Presentación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Explotacións agrarias

A Consellería do Medio Rural e do Mar pretende mellorar as condicións produtivas das explotacións galegas mediante un acondicionamento das estruturas sobre as que as mesmas se desenvolven. A Administración está a desenvolver un marco no que se permita esta mellora aproveitando as condicións establecidas na lexislación comunitaria, en especial no novo marco de desenvolvemento rural para o período 2007-2013.

Apóianse tamén os investimentos nas explotacións (Axudas aos Plans de Mellora) e a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria. Estas medidas únense ao apoio á innovación, á formación profesional e ao asesoramento técnico para establecer proxectos que garantan o asentamento da poboación no rural. As obras proxectadas desenvólvense con criterios de dinamización da base produtiva, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da poboación.

No eixo 2 do Programa de Desenvolvemento Rexional de Galicia para o período 2007-2013 establécense medidas para apoiar o mantemento da actividade agraria en zonas desfavorecidas de montaña e noutras zonas diferentes das de montaña mediante un sistema de indemnizacións e no que se ten en conta a especificidade das explotacións con superficies na zona de Rede Natura 2000 (Indemnización Compensatoria).

A incidencia que a actividade agraria exerce sobre o medio é outro dos aspectos que se potencian no novo marco de desenvolvemento rural. É por iso que se incentivan os métodos de produción respectuosos co ambiente e coa conservación da paisaxe (axudas agroambientais).

Implantación dos servizos de aconsellamento, xestión e substitución
Axudas para ás entidades que implanten os servizos de aconsellamento, xestión e substitución nas explotacións agrarias
Aconsellamento ás explotacións agrarias
Axudas para á utilización dos servizos de aconsellamento polos titulares de explotacións agrarias
Incorporación de mozos
Medidas específicas para favorecer o relevo xeracional na actividade agraria, con asesoramento e con axudas para emprender proxectos con viabilidade.
Plans de mellora
Beneficiarios, contía, tipos e investimentos obxecto de axuda para mellorar e modernizar as explotacións e aumentar o rendemento económico.
Cota láctea
Información e normativa sobre o sistema de xestión da cota láctea: tipos, condicións e instrumentos de asignación.

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS