A ordenación dos montes ten o obxectivo de acadar a persistencia, o rendemento sustentable e o aproveitamento dos recursos, de acordo coas técnicas silvícolas axeitadas. Procura a valorización do monte galego para que sexa un activo de importancia, produtor de rendas e servizos, ao tempo que mellora e consolida a estrutura forestal de Galicia.
Esta planificación analiza a compatibilidade dos diferentes usos, definindo as restricións e potencialidades e tomando en consideración os factores ecolóxicos, sociais e económicos.

