As certificacións forestais, o tratamento da biomasa, as boas prácticas e as aulas de interpretación pretenden a promoción da xestión activa dos montes de forma sustentable. Foméntase o principio de corresponsabilidade e da ética forestal de cara a conseguir parámetros de biodiversidade, produtividade, capacidade de rexeneración e vitalidade á vez que manteñen funcións ecolóxicas, económicas e sociais relevantes, a escala local, nacional e global, sen ocasionar prexuízos a outros ecosistemas.

