Xenética Fontao, S.A. é unha empresa pública que foi creada en 1998 e ten financiamento conxunto entre a Xunta de Galicia por medio do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e as asociacións de gandeiros FEFRIGA. (Federación Frisona Galega) e ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto da Raza Rubia Galega), encárgase da xestión do Centro de Escolma e Reprodución Animal de Galicia, que conta con 250 sementais, de razas Holstein e Rubia Galega para producción leiteira e cárnica, respectivamente, ademais posúe un banco de doses de raza Pardo Alpina e das razas Morenas Galegas.
No ano 1999 creouse o Laboratorio de Xenética Molecular, como unha nova unidade para a prestación de servizos mediante o emprego da biotecnoloxía do ADN nos campos da sanidade e da produción agropecuaria.
Entre os obxectivos do Plan Integral de Mellora Xenética e do Programa de Mellora Gandeira están o aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa competitividade e do nivel de vida dos gandeiros, a modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal, a mellora da eficacia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións e a optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.
