Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Explotacións gandeiras

Duración

2 cursos académicos (2000 horas)

Competencia

Realizar operacións de alimentación, manexo, hixiene e sanidade dos animais destinados á obtención de produtos gandeiros ou de animais de compañía e experimentación, conseguindo a calidade esixida polo mercado, en condicións de seguridade e hixiene, e respectando e conservando o medio produtivo. Manexar e manter en uso as instalacións, máquinas, equipos e materiais necesarios. Organizar e xestionar unha explotación gandeira.

Contorno

Manexo, alimentación, e procesos reprodutivos dos animais; aplicación de medidas e produtos sanitarios; control de maquinarias e instalacións gandeiras; control do pastoreo. Tamén pode dirixir ou integrarse en empresas de servizos gandeiros, actuando como operador de grandes equipos ou como encargado de taller de mantemento e reparación das máquinas utilizadas nas explotacións gandeiras.

Saídas

Gandeiro de vacún para leite, gandeiro de vacún para carne, gandeiro de ovino, gandeiro de caprino, porcicultor, criador de cabalos, domador de cabalos, ferrador, avicultor, cunicultor, traballador de consultas clínicas veterinarias, traballador cualificado en salas de incubación, traballador cualificado en animais de experimentación, encargado de explotación gandeira, inseminador, recepcionista en consultas clínicas veterinarias, traballador cualificado en animais de compañía.

Módulos

Módulo Horas
Agrotecnoloxía185
Coidados aos animais de compañía110
Coidados aos animais de experimentación e outros pequenos animais90
Coidados básicos, doma e adestramento do cabalo e outros animais160
Formación e orientación laboral55
Formación en centros de traballo380
Horas á disposición do centro75
Instalacións agrarias110
Manexo racional do gando165
Mecanización agraria215
Organización e xestión dunha explotación agraria familiar110
Produción gandeira intensiva345

Título

Técnico en explotacións gandeiras.

Acceso

Bacharelatos.

Explotacións gandeiras

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS