O Observatorio do Sector Lácteo de Galicia ten a composición seguinte:
a) Na presidencia, a persoa titular da consellería competente en materia de agricultura e desenvolvemento rural. En caso de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal, as funcións da presidencia serán exercidas polo membro do observatorio en que delegue.
b) En calidade de vogais, as seguintes persoas:
c) O director xeral competente en materia de investigación da consellería que teña atribuídas as competencias en materia de agricultura e desenvolvemento rural, nomeará entre o persoal administrativo desta, un secretario que exercerá as funcións que lle atribúe o artigo 25 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que exercerá as súas funcións sen dereito a voto.
No caso de ausencia, enfermidade ou calquera outra causa xustificada, os vogais do Observatorio poderán ser substituídos por outra persoa ao servizo da unidade ou organización á que representen, que acreditarán ante o secretario do Observatorio a súa designación ou representación.
O Observatorio pode, por iniciativa de calquera dos seus membros, reclamar a presenza nas sesións de traballo de persoas cualificadas que, en representación doutros departamentos da Xunta de Galicia, dos organismos e entidades sectoriais ou do contorno académico, poidan achegar aos debates o seu punto de vista especializado sobre as materias que se suscitan.

