Tendo en conta a estrutura e a dimensión da maioría das explotacións galegas, o elevado custo de adquisición da maquinaria e os altos custos de amortización que xera a utilización de maquinaria individualmente, entre outros atrancos, fan necesario o impulso de modelos de utilización de maquinaria e equipamentos de xeito colectivo orientados a abordar conxuntamente os traballos no eido agrícola, gandeiro e forestal, dado que o medio rural galego conforma un complexo que abrangue frecuentemente estes tres sectores dentro da mesma unidade produtiva ou explotación.
Estes modelos melloran a eficiencia dos procesos produtivos nas explotacións agrarias, así como as condicións de traballo e contribúen así a creación de unidades produtivas máis eficientes e sostibles dende a perspectiva económico-social, o que redunda nunha mellora da calidade de vida da poboación adicada ás actividades agrarias e, polo tanto, tamén a unha maior fixación da poboación no medio rural.
A finalidade destas axudas é:
Consulte a convocatoria na seguinte ligazón:
Fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo
