Coa finalidade de que os recentemente titulados universitarios en especialidades agroforestais, veterinaria e afíns, así como os titulados de formación profesional e alumnos que acaben o primeiro curso do ciclo formativo de grao medio ou superior da familia agraria, complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional, a Consellería do Medio Rural e do Mar convocou bolsas de prácticas en anos anteriores a través das distintas liñas de axudas que se considera necesario unificar co fin de racionalizar a asignación dos recursos públicos. Estas bolsas de prácticas serán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no 80%.
Consulte a convocatoria na seguinte ligazón:
Convocatoria de 70 bolsas de formación, apoio á investigación e prácticas en empresas
