Medio Rural
Inicio >> Convocatorias >> Plan de mellora de explotacións e agricultura ecolóxica

Plan de mellora de explotacións e agricultura ecolóxica

Coa finalidade de garantir un desenvolvemento sustentable do noso espazo rural é necesario apoiar a mellora da renda das explotacións agrarias nun sentido amplo que inclúa a mellora da calidade das producións, o respecto polo ambiente e a diversificación das actividades.

A axuda aos investimentos ten por obxecto modernizar as explotacións agrarias, aumentar o rendemento económico a través dunha utilización axeitada dos factores de produción, incluída a utilización de novas tecnoloxías e a innovación, centrándose na calidade e a diversificación, así como en mellorar a seguranza ambiental e a seguranza no traballo, a hixiene e o benestar dos animais nas explotacións.

Apóiase económica e financeiramente a aquelas explotacións que pretendan realizar melloras nas súas instalacións, maquinaria ou equipamento mediante subvencións directas ou ben vencelladas a un préstamo para pagamento de xuros e amortización do mesmo.

Consulte a convocatoria na seguinte ligazón:

Mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e incorporación de novos activos


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS