Renovación de maquinaria
A finalidade destas axudas é:
- Garantir unha mellora nas condicións de traballo dos agricultores e das agricultoras no manexo da maquinaria agrícola.
- Incrementar o equipamento destes vehículos para maior seguridade nos seus desprazamentos polas vías públicas.
- Potenciar a utilización de tractores e máquinas automotrices dotados con motores de novo deseño e de mellor aproveitamento enerxético do combustible.
- Reducir a contaminación por emisión de gases e o seu nivel sonoro.
- Asegurar a introdución na agricultura de tractores e máquinas con alta tecnoloxía, fiables e apropiados para satisfacer os requirimentos demandados pola agricultura moderna.
- Promover a utilización en común da maquinaria agrícola para economizar os recursos do sector.