Medio Rural
Inicio >> Convocatorias >> Transformación e comercialización

Transformación e comercialización

A industria agroalimentaria ten carácter estratéxico en Galicia por ser un elemento clave para o desenvolvemento do sector agrario e para a promoción das zonas rurais. As instalacións de transformación e comercialización de produtos agrarios posibilitan a viabilidade das explotacións agrarias, dando valor engadido ás producións e facilitando o seu acceso aos mercados, fomentando, ademais, a creación e mantemento de postos de traballo, beneficiando o tecido económico das zonas rurais.

Por todo isto, considérase de grande interese establecer medidas de apoio ao seu desenvolvemento, fomentando prioritariamente os investimentos das empresas que teñan un beneficio para os produtores agrarios galegos, así como aqueles que teñan por obxecto a incorporación de innovacións e melloras tecnolóxicas.

Consulte a convocatoria na seguinte ligazón:

Axudas a investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS