Que é o Control e Certificación?
O establecemento dun sistema de certificación de produto ten como finalidade demostrar ó mercado e aos organismos reguladores que un provedor pode e de feito produce produtos que cumpren os requisitos dun documento normativo.
Nun sistema de certificación de produto, as funcións do provedor e da entidade de certificación son complementarias, sendo o primeiro responsable da conformidade do produto e o segundo responsable do funcionamento dun programa de certificación que inspire confianza ao mercado e aos organismos reguladores en dita conformidade.
Regulamentación
Segundo o Regulamento europeo (CE) nº 510/2006 do Consello do 20 de marzo de 2006 sobre a protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos agrícolas e alimenticios , os organismos de certificación dos produtos de indicacións xeográficas e denominacións de orixe relativas a unha zona xeográfica situada na Comunidade europea ou nun terceiro país deberán cumprir a Norma Europea EN 45011 ou a Guía ISO/IEC 65, e a partir do 1 de maio de 2010, deberán estar acreditados de conformidade cunha das mencionadas normas.
Na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega establécese que o control e a certificación dos produtos amparados por unha denominación xeográfica en Galicia poderán ser efectuados:
En calquera caso, a consellaría competente verbo da natureza do produto protexido poderá efectuar aqueles controis complementarios que considere convenientes tanto aos operadores coma aos órganos ou ás entidades de control.
O Control e a Certificación no INGACAL
O departamento do Ingacal encargado deste control e certificación é o departamento de protección da calidade diferencial.

