Últimas noticias
		<link>http://www.medioruralemar.xunta.es/</link>
		<language>es</language>
Últimas noticias
			<link>http://www.medioruralemar.xunta.es/</link>
Medio Rural e Mar considera un “gran avance” que se manteña cando menos ata 2024 a limitación ás plantacións de viñedo na UE 
			<content:encoded><![CDATA[A Consellería do Medio Rural e do Mar considera un “gran avance” que se manteña cando menos ata 2024 a limitación ás plantacións de viñedo no ámbito da Unión Europea, sobre a proposta inicial de liberalización total despois de 2015. Así o valorou hoxe no Parlamento a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa.
Ulloa Alonso considerou ademais un feito positivo que se manteña a flexibilidade para fixar limitacións inferiores a nivel rexional, en base a criterios obxectivos e non discriminatorios, que habería que concretar.
A directora xeral reiterou a firme aposta da Xunta polo mantemento dos dereitos de plantación, co fin de protexer os intereses dos viticultores galegos, que quedou plasmada no decreto aprobado polo Goberno galego polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia.
Patricia Ulloa advertiu ademais que o réxime restritivo das plantacións en base ao sistema de dereitos supón o principal mecanismo de xestión e control do potencial de produción vitícola. Dixo, neste sentido, que ten demostrada a súa eficacia para contribuír ao equilibrio do mercado e a facer fronte á competencia dos viños de países terceiros.
Contrato do servizo integrado de helicópteros e brigadas
O secretario xeral do medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, explicou na Comisión as razóns que motivaron a declaración de deserto en relación co proceso para a contratación do servizo integrado de helicópteros e brigadas anti incendios.
Fernández-Couto informou que, con data 10 de decembro do 2012, a Consellería do Medio Rural e do Mar resolveu convocar a licitación correspondente ao expediente de contratación do servizo integrado de helicópteros e brigadas, con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante as precampañas e campañas dos anos 2013 e 2014.
Reunida a mesa de contratación para a apertura de sobre, esta acordou solicitar a ambos licitadores (U.T.E Helibravo Aviación S.L.–Repoblación y Bosquetes Forestales S.A. e a empresa Inaer Galicia S.L.) a subsanación de parte da documentación presentada porque que non cumpría coas condicións mínimas establecidas nos pregos de contratación.
Nunha nova xuntanza, a mesa de contratación de novo comprobou que trala presentación polos licitadores da documentación de subsanación solicitada, seguían a non cumprir os pregos de contratación, motivo polo cal o órgano de contratación declarou deserta a licitación do servizo de helicópteros.
De acordo coa normativa vixente en materia de contratación, despois de quedar deserto o concurso cumpría seguidamente iniciar un procedemento negociado sen publicidade que permitira adxudicar esta contratación (tendo en conta aos licitadores presentados ao procedemento aberto). Neste procedemento, das empresas que se presentaron ao concurso aberto, INAER Galicia S.L. presentou a documentación completa mentres que a U.T.E. Helibravo Aviación S.L. – Repoblación y Bosquetes Forestales S.A. non acreditou estar en posesión da autorizacións para realizar operacións de incendios forestais, para o subministro de combustible en bidóns nin o permiso necesario para voar en España.
Neste sentido, o secretario xeral reiterou que o concurso inicial se realizou en 2 lotes, un de 5 helicópteros tipo medio e outro de 4 helicópteros tipo lixeiro, e explicou que ao primeiro só se presentou a empresa INAER Galicia S.L. e ao segundo esta mesma e a U.T.E. Helibravo Aviación S.L. – Repoblación y Bosquetes Forestales S.A. Pola contra, Tomás Fernández-Couto subliñou que ao procedemento aberto, para os 2 lotes –helicópteros tipo medio e lixeiro- só se presentou a empresa INAER Galicia S.L.
Proxectos dinamizadores das áreas rurais
O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, explicou que a Xunta puxo a disposición dos concellos e mancomunidades preto de 15 millóns de euros para axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para o período 2012/2013. Con estas achegas, o seu departamento pretende fomentar as actividades turísticas, ofrecer servizos básicos para a economía e a poboación rural e para a conservación e mellora do patrimonio.]]></content:encoded>
			<category>Forestal</category>
A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca as axudas para programas desenvolvidos polos consellos reguladores
			<content:encoded><![CDATA[O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da  Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases  reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por  consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se  convocan para 2013.
A dotación orzamentaria para este ano ascende  a 189.860 euros, podendo ser incrementada con remanentes adicionais de  acordo coas dispoñibilidades de crédito. Estas achegas van destinadas á  mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios  galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade ou  acollidos á produción ecolóxica.
Beneficiarios das axudas
Os  consellos reguladores das distintas denominacións de calidade  agroalimentaria existentes en Galicia poderán acollerse a esta liña de  axudas. As actividades subvencionables serán todas aquelas actuacións  encamiñadas a garantir a calidade e a orixe dos produtos da  correspondente denominación.
Tamén serán subvencionables as  actuacións en estudos, investigacións e desenvolvemento de programas  encamiñados á mellora da calidade dos produtos obxecto de protección;  así como os gastos derivados dos mesmos. O prazo de solicitudes para  esta convocatoria é dun mes a partir de mañá.]]></content:encoded>
Rosa Quintana: “A Xunta é a primeira interesada en que se aclare a suposta trama de irregularidades nas axudas á reforestación na Costa da Morte”
			<content:encoded><![CDATA[“A Xunta é a primeira interesada en que se aclare a suposta trama de  irregularidades na tramitación de subvencións para a reforestación de  terras non agrarias na Costa da Morte”. Así o asegurou hoxe a  conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, diante do pleno do  Parlamento galego.
Na súa intervención, a conselleira pediu que se  deixe actuar á Xustiza “para comprobar se hai delitos, máxime cando nós  –a Xunta– non podemos entrar a verificar datos e cuestións bancarias e  outras semellantes por non ter as competencias sobre este tipo de  aspectos”.
En todo caso, Rosa Quintana advertiu que “non queremos  desculpar, encubrir, simular, disimular, disfrazar, atenuar ou paliar”  esta suposta trama “e por iso non estivemos de brazos caídos”, indicou,  para engadir que a Consellería “está a realizar un control de calidade  adicional, por persoal técnico alleo ao Distrito Forestal, sobre todos  os expedientes executados, que previamente xa foron revisados”.
A  conselleira do Medio Rural e do Mar deixou claro que a Xunta “colaborou a  segue a cooperar en todo momento coa Xustiza para esclarecer esta  situación”. Así –advertiu– “todos os expedientes que foron solicitados  polo Xulgado de Corcubión tras abrir dilixencias previas, por presuntos  delitos de falsidade en documento público, estafa e usurpación de  identidade, fóronlle remitidos integramente”.
Do mesmo xeito,  tamén se lles facilitou toda a información e o acceso aos expedientes a  todas as persoas que o solicitaron, debidamente identificadas, e se  mantiveron xuntanzas con supostos afectados.
A Xunta non estivo parada
Con  todos estes argumentos, a conselleira demostrou que “nin a Xunta estivo  parada nin se nega a aceptar responsabilidades”, e dixo tamén que “se  hai un mal procedemento estamos dispostos a corrixilo e a adoptar  medidas de depuración administrativa e mesmo política”. Pero, ao tempo,  engadiu que “agardamos dúas cousas: a primeira, que a Xustiza ditamine  sobre o caso e a segunda que vostedes –os grupos da oposición– sexan  consecuentes con este procedemento e coas súas responsabilidades”.
A  conselleira lembrou que as axudas obxecto de estudo por parte da  Xustiza foron tramitadas e aprobadas en base a un manual de procedemento  e control aprobado pola anterior Dirección Xeral de Montes e Industrias  Forestais, en xullo de 2008.]]></content:encoded>
			<category>Forestal</category>
Rosa Quintana apela á unidade entre administracións para acabar coa lacra dos incendios forestais en Galicia
			<content:encoded><![CDATA[A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, apelou hoxe no Parlamento á unidade entre administracións para acabar coa lacra dos incendios forestais na nosa Comunidade, salientando que o papel dos concellos nesta materia é moi importante para garantir o éxito do dispositivo, xa que “non hai ninguén coma a administración que está máis pegada ao territorio para coñecer as súas necesidades”.
Rosa Quintana explicou que o seu departamento está traballando para poñer a disposición dos concellos -a través dos pertinentes convenios- o apoio económico que lles permitirá poñer en marcha brigadas complementarias de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os meses de verán. Deste xeito refórzase a coordinación, colaboración e apoio entre administracións co fin de conseguir cortar as perdas ocasionadas polo lume e minorar os custes por extinguilos. O compromiso deste Goberno é facer os montes produtivos, non destrutivos, asegurou.
Colaboración municipal
Estes convenios permitirán contratar de entre 4 e 6 persoas para cada brigada, equipos humanos e materiais que serán subvencionados na súa maior parte pola Consellería, tendo que aportar o municipio un máximo do 25% do seu custo.
Estes grupos deberán realizar tarefas de prevención tales como a posta en marcha de roza manual, rareo e eliminación de restos nun mínimo de cinco hectáreas durante os tres meses de operativo destas brigadas. Ademais, estes equipos tamén participarán en labores de vixilancia e extinción, sempre baixo un mando único descrito no Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA). Estas brigadas sumaranse ao operativo de verán e reforzarán os medios propios da Administración autonómica, podendo executar as súas funcións tanto dentro do seu ámbito municipal como, en caso de necesidade, noutros puntos do distrito forestal.
Outros apoios
Rosa Quintana engadiu que a Administración autonómica ten en marcha outros dous convenios para a realización de tratamentos de prevención en vías municipais e para o mantemento das motobombas para a actuación ante incendios. Neste senso, avanzou que en breve sairá publicada no Diario Oficial de Galicia unha orde de axudas para a cesión en propiedade de motobombas a diversos concellos.
Así mesmo, a titular de Medio Rural e Mar avanzou que tamén se están impulsando proxectos piloto para apoiar ás entidades municipais co fin de elaborar os seus plans contraincendios, desenvolvendo así as modificacións incorporadas na normativa de incendios.
A conselleira lembrou que a Xunta colabora activamente, xunto ás Deputacións provinciais e a FEGAMP, cos concellos tamén a través dos convenios para a posta en marcha dos grupos de emerxencias supramunicipais; lembrando que, ademais de intervir en emerxencias e incendios urbanos, estes grupos tamén o farán en incendios forestais. ]]></content:encoded>
			<category>Forestal</category>
Medio Rural e Mar remite ao sector a resolución pola que se aproba o Plan de xestión da centola para a campaña 2013-2014
			<description>A resolución establece que nas provincias da Coruña e Pontevedra quedará prohibida a extracción da...</description>
			<content:encoded><![CDATA[A Consellería do Medio Rural e do Mar remitiu ao sector a resolución  pola que se aproba o Plan de Xestión da centola (Maja brachydactila)  para a campaña 2013-2014.
A resolución establece que nas  provincias da Coruña e Pontevedra quedará prohibida a  extracción da  centola do 15 de xuño ao 17 de novembro –ambos inclusive-. Na provincia  de Lugo, o crustáceo non se poderá capturar dende o  29 de xuño ata o 1  de decembro –ambos inclusive-.
Así, as cotas máximas de capturas  quedan establecidas en 35 quilos por embarcación máis 35 quilos por cada  tripulante enrolado a bordo. Este plan rexerá ata o inicio da veda do  ano que vén, que será consensuada co sector, atendendo aos informes  técnicos biolóxicos correspondentes.]]></content:encoded>
			<category>Mar</category>
Medio Rural e Mar remite ao sector a resolución pola que se aproba o Plan de Xestión do Polbo con Nasa para a Campaña 2013-2014 
			<content:encoded><![CDATA[A Consellería do Medio Rural e do Mar remitiu hoxe ao sector a  resolución pola que se aproba o Plan de Xestión do Polbo (Octopus  vulgaris) con nasa para a campaña 2013-2014. Unha das novidades é que o  plan deixa de ser de carácter anual ten un período de vixencia que vai  dende o inicio da veda deste ano ata o inicio do período de veda  seguinte.
Deste xeito, a época autorizada de vixencia deste plan  abranguerá dende o 16 de maio de 2013 ata a data de inicio da veda do  ano 2014, que se fixará polo correspondente Plan de Xestión que se  publicará antes do 15 de abril de 2014.
A resolución recolle que  aínda que os estudos científicos recentes indican que a abundancia  desta especie depende en gran medida das condicións ambientais que  actúan sobre o recrutamento, o resultado económico das campañas  pesqueiras pode ser mellorado se se deseñan plans de explotación con  medidas técnicas axeitadas que ordenen a actividade da frota. Neste  sentido, cabe ter en conta que o plan implantado o ano pasado tivo un  resultado ineficiente xa que se pescaron arredor de 800 toneladas menos  de polbo que supuxeron uns 6 millóns de euros menos de ingresos respecto  ao ano anterior. Precisamente para evitar que a caída da produción de  polbo continúe nos vindeiros anos, este plan de xestión inclue novas  medidas técnicas que contribuirán a que se evite tanto a sobrepesca da  especie como a saturación dos mercados nos inicios de campaña,  mellorando a rendibilidade da actividade pesqueira. 
Novidades
Ademais  da duración da campaña, outra das novidades importantes é o réxime de  calamento das nasas. Así, de Cabo Silleiro a Corrubedo as nasas terán  que levantarse do seu calamento e levarse a porto todos os días, coa  excepción de aquelas que estean establecidas en fondos superiores aos 25  metros que poderán permanecer no seu calado de luns a venres sen ser  levadas a porto. No resto do litoral galego, as nasas poderán permanecer  no seu calamento sen seren levadas a porto, incluso durante o período  de descanso semanal.
Co fin de compensar o esforzo pesqueiro entre  as zonas con distinto réxime de calamento das nasas, naquelas zonas  onde estas poidan quedar caladas durante a fin de semana -de A Guarda a  Cabo Silleiro e de Corrubedo ao río Eo- ao período de veda establecido  de xeito xeral para o ano 2014, engadirase un período de inactividade  equivalente ao 50% dos días totais da veda xeral.
En canto ao  balizamento, cabe destacar que os extremos ou cabeceiras de cada unha  das caceas que se manteñan caladas deberán ser balizadas e  identificarase axeitadamente, indicando de forma clara e visible a  matrícula e o folio da embarcación, así como a letra “N”. A partir do  remate da veda deste ano, todas as nasas deberán levar visible un  precinto codificado e seriado entregado pola Consellería.
Outra  das novidades importantes é o establecemento dos puntos de descarga,  control e venda. Soamente se poderá descargar polbo nos portos  autorizados para elo pola Consellería a proposta das Federacións  provinciais de Confrarías de Pescadores. En cada un deses portos  autorizados establecerase un punto principal de descarga para facilitar  as labores de control de capturas; estando o máis próximos posible á  lonxa de comercialización. Para cada punto de descarga estableceranse  previamente os horarios correspondentes. 
Por último,  establecerase un programa de seguimento e control, levado a cabo pola  Subdirección Xeral de Gardacostas en colaboración cos gardapescas das  confrarías e os servizos contratados ao efecto. Deste xeito,  reforzaranse os servizos de control en terra e mar, así como nos puntos  de descarga e en instalacións frigoríficas, de transformación ou  comercialización. Paralelamente crearase unha Comisión de Seguimento do  Plan de xestión do polbo que se reunirá cunha periodicidade mínima  trimestral.   
Período de veda
O  período de veda para este ano queda establecido entre as 16:00 horas do  17 de maio ata a s 6:00 horas do 1 de xullo. As capturas desembarcadas o  último día poderán ser comercializadas ao día seguinte naquelas lonxas  nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os  sábados. Polo tanto, neste período queda expresamente prohibida a  captura do polbo en augas de competencia da nosa Comunidade. Pola súa  parte, as embarcacións dedicadas á captura de polbo con nasas deberán  retiralas do seu calado e levalas a porto.
Especies e cotas
A  especie de captura obxecto deste Plan será o polbo ( Octopus vulgaris),  tendo as demais especies acompañantes que cumprir cos tamaños mínimos  esixidos e sendo o seu peso non superior ao 10% do peso das capturas  totais autorizadas para cada embarcación e día.No referente ás cotas  máximas diarias de captura e desembarco, o novo Plan establece que  dende o 1 de xullo ata o 31 de outubro a cota máxima será de 30 quilos  por barco e día, ao cal se lle engadirán outros 30 kg/día por cada  tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 kg/día. 
 No  que resta da campaña a cota máxima será de 50 kg por embarcación e día,  ao cal se lle engadirán outros 50 kg/día por cada tripulante enrolado a  bordo, ata un máximo de 350 kg/día. Estas embarcacións con nasa para  polbo poderán iniciar a súa actividade ás 6:00 horas e deberán  finalizala ás 16:00 horas. O descanso semanal desenvolverase dende as  16:00 horas do venres ata as 6:00 horas do luns.]]></content:encoded>
			<category>Mar</category>
Medio Rural e Mar anuncia a convocatoria das catas de viños, augardentes e licores para o vindeiro mes de xuño
			<content:encoded><![CDATA[O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da  Consellería do Medio Rural e do Mar da convocatoria dos concursos  correspondentes á XXV Cata dos viños de Galicia, á XV Cata das  augardentes de Galicia e á II Cata dos licores de herbas e de café de  Galicia e das augardentes de Galicia envellecidas, e se dá publicidade  ás súas respectivas bases.
Estes certames terán lugar no vindeiro  mes de xuño, sendo o prazo de presentación das solicitudes de  participación de sete días a contar dende mañá, día seguinte ao da  publicación desta resolución.
De acordo coas citadas bases, as  solicitudes relativas aos viños con denominación de orixe e ás  augardentes e licores presentaranse na sede do consello regulador  correspondente. Para o caso dos Viños da Terra enviaranse á Subdirección  Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Secretaría Xeral de  Medio Rural e Montes, sita en Santiago de Compostela (Avda. do Camiño  Francés, 10).
As persoas interesadas en participar poderán atopar  as bases, xunto cos correspondentes boletíns de inscrición, na páxina  web da Consellería do Medio Rural e do Mar, no seguinte enderezo  electrónico:
http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/alimentacion/cata_de_vinos_e_de_augardentes/]]></content:encoded>
Gardacostas requisa preto de 180 aparellos de pesca e 350 quilos de especies en diversos operativos contra o furtivismo 
			<description>Unha das actuacións máis destacadas realizárona o pasado mércores na Ría de Muros-Noia, en Lira,...</description>
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, requisaron preto de 180 aparellos de pesca, entre eles 2 vehículos, 350 quilos de distintas especies e 5.000 metros de artes de enmalle en distintos operativos realizados polo litoral galego na última semana.
Unha das actuacións máis destacadas realizárona o pasado mércores na Ría de Muros-Noia, en Lira, onde os axentes requisaron 35 volantíns, 2.500 metros de miños e 108 quilos de distintas especies de peixe e marisco. Ademais, nesta mesma ría, os Gardacostas comisaron máis de 55 quilos de distintas especies de marisco, a maioría centola ovada que devolveron ao mar. 
Por outra banda, na ría de Corcubión os axentes comisaron máis de 20 quilos e 3 aparellos de pesca e en Fisterra preto de 3 quilos de nécora e un aparello. Ferrol e Coruña tamén foron obxecto de inspeccións, nas que se requisaron respectivamente 6 artes de pesca e 6 quilos de ameixa e 2 quilos de percebe. 
Noutras actuacións na ría de Arousa, os inspectores da Xunta fixéronse con preto de 28 quilos de distintas especies, 1 vehículo e 6 aparellos. Ademais na ría de Pontevedra requisaron 112 quilos de distintas especies, 1 vehículo, 20 nasas, todas elas sen identificar e case 2.500 metros de artes de enmalle . Por outra banda, na ría de Aldán, os gardacostas comisaron 10 quilos de polbo e na de Vigo 104 aparellos, a maioría nasas sen identificar e 6 quilos de centola.
			<category>Mar</category>
Rosa Quintana enxalza o traballo da muller en toda a cadea produtiva do mar
			<content:encoded><![CDATA[A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, enxalzou esta  tarde o traballo da muller en toda a cadea produtiva do mar, dende o  subsector extractivo ata a comercialización final do produto. Fíxoo  durante a clausura do Seminario sobre o novo papel das mulleres nas  actividades marítimas, na Universidade da Coruña, onde destacou que as  mulleres que traballan en actividades do mar en Galicia constitúen un  88% das persoas que se dedican ao marisqueo, o 90% das redeiras e tamén o  90% das persoas que traballan nas fábricas transformadoras e  conserveiras.
Durante a súa intervención Rosa Quintana destacou  que un dos piares do seu departamento é a potenciación do traballo  mariñeiro e artesanal, promovendo e protexendo a organización das  asociacións de mariscadoras. Delas resaltou que “foron capaces de  converter unha actividade secundaria nun verdadeiro traballo organizado,  remunerado e, sobre todo, considerado por toda a sociedade”.
Ademais  a conselleira valorou o labor constante da muller para facerse un oco  no mundo laboral e conseguir a profesionalización dos colectivos de  mariscadoras e redeiras e sinalou que hoxe en Galicia atopamos mulleres  mariscadoras, pescadoras, traballadoras da industria conserveira,  comercializadoras, redeiras, percebeiras, recolectoras de algas,  bateeiras e tamén directoras e xerentes de empresas.
A conselleira  tamén fixo fincapé na importancia de manter un vínculo económico  sostible co mar, de xeito que permita asegurar a continuidade das  actividades estratéxicas para Galicia como a pesca, o marisqueo e  acuicultura, así como o crecemento do medio mariño dun xeito sustentable  e non contaminante.]]></content:encoded>
O Comité de Coordinación Policial Anti-incendios preparou a campaña de máximo risco e avaliou a actividade incendiaria dos últimos meses
			<content:encoded><![CDATA[O secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto,  presidiu esta mañá a reunión do Comité de Coordinación Policial  Anti-incendios, do que forman parte representantes dos diferentes corpos  e forzas de seguridade do Estado presentes en Galicia, ademais da  propia Xunta. Neste órgano están integrados responsables e técnicos da  Delegación do Goberno, Garda Civil, Policía Nacional, Unidade Adscrita  da Policía Nacional (Policía Autonómica) e da propia Secretaría Xeral do  Medio Rural e Montes.
O de hoxe foi un encontro preparatorio de  cara ao inicio da campaña de máximo risco de lumes forestais, que  coincide co verán. Ademais, os responsables e técnicos de Medio Rural e  Mar afondaron cos mandos policiais na mellora da coordinación entre os  diferentes departamentos implicados nos labores de prevención, defensa e  extinción dos incendios forestais na nosa Comunidade.
Na xuntanza  estudáronse informes relacionados coas áreas nas que se rexistrou unha  maior actividade incendiaria nos últimos meses e en particular no que  vai de primavera, así como as medidas postas en marcha para o seguimento  e control da acción delituosa nestas áreas.
Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais
Fíxose  un seguimento do cumprimento de diferentes aspectos relacionados coa  Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia,  moi especialmente no referido ás comunicacións e autorizacións de  queima.]]></content:encoded>
			<category>Forestal</category>