Medio Rural
Inicio >> Mar >> O medio >> Presentación
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

O noso medio

Dende o Eo ata o Miño, esténdense os 1.195 Km de costa de Galicia, dos que 820 corresponden a acantilados e outros 278 a praias. O seu punto máis setentrional é Estaca de Bares (situado aos 43o 27o 25" N) e o máis occidental é o cabo Touriñán (situado aos 5o 37" 0).

A costa galega presenta unha morfoloxía variada, na que se alternan as enseadas cos promontorios, os areais cos acantilados e as marismas, e as zonas abertas ao temporal coas abrigadas, nunha sucesión de formas que fan dela un conxunto único.
A ría, como sistema de formas litorais, é o máis característico do litoral galego; e a súa presenza compensa a escasez da plataforma continental, que chega ao seu maior desenvolvemento fronte á Coruña, con 15 millas.

Baseándose nas características da costa, tipo de rías, climatoloxía e orientación, Otero Pedrayo divide o litoral de Galicia en cinco seccións naturais, determinadas por saíntes característicos: Arco Cantábrico, arco Ártabro, arco Fisterrán, Rías Baixas, Arco Miniano-Duriense.

Arco Cantábrico
As Rías Altas, en sentido estrito, abarcan dende Ribadeo ata o Cabo Ortegal.
Arco Ártabro
Esténdese dende o cabo Ortegal ata as Illas Sisargas.
Arco Fisterrán
A Costa da Morte, na terminoloxía popular, esténdese desde as illas Sisargas ata a punta de Fisterra.
Rías Baixas
Estas rías están abertas ao oeste e presentan inclinación norte-sur.
Arco Miniano-Durense
O sector setentrional abarca dende o cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño.

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal
RSS