Medio Rural
Inicio >> Mar >> O sector >> Industria transformadora
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Industria Transformadora

Conservas

Galicia é a Comunidade Autónoma líder na transformación e conservación de produtos procedentes do mar. É a maior produtora de conservas de peixes e mariscos de España, representando o 85,5% do volume e o 84% do valor do total da produción española. Así mesmo, é tamén a principal rexión do estado que exporta produtos do mar, xa que, fóra dos peixes secos, salgados e/ou afumados, no resto dos produtos Galicia exporta máis do 30% do total do volume e do valor total español.

Se nos fixamos por provincias galegas, son A Coruña e Pontevedra as que realizan a case totalidade das exportacións galegas de produtos pesqueiros, sendo A Coruña a primeira na exportación de conservas e preparados con máis do 65% en volume e valor, mentres que Pontevedra é a maior exportadora do resto dos produtos.
 

Conxelados

Galicia conta con 113 factorías que se adican a conxelar produtos do mar antes da súa posterior comercialización. Segundo fontes do propio sector, estas industrias facturaron máis de 2.112 millóns de euros e deron emprego a 8.049 traballadores no 2006.

O territorio galego é o responsable de máis do 37% das exportacións españolas de peixe conxelado. No ano 2009 as ventas cara ao exterior de produtos da pesca conxelada procedentes de Galicia achegaronse ás 185.000 toneladas.

A maior capacidade frigorífica de Galicia corresponde a Pontevedra, que lidera a gran distancia a clasificación de ventas galegas e españolas de produtos pesqueiros conxelados. De esta provincia partiron cara os mercados exteriores no ano 2009 máis de 147.000 toneladas de peixe conxelado, é dicir, case o 80% do total das exportacións galegas de este sector e case o 30% del total estatal.


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal
RSS