imprimir
  Está usted aquí Macromagnitudes 2000 | Introducción
Presentación
     
     
  Consideracións previas
   
A idea de remitirse á consulta de publicacións especializadas ou á introducción das Macromagnitudes correspondentes ós anos anteriores, onde xa se recollían estes aspectos de maneira suficientemente clara, non resulta impensable; sen embargo, pensouse que sería máis fácil o manexo e consulta coa inclusión desta información metodolóxica, que evita acudir a outras fontes para entrar na súa mecánica interna .
     
     
  Nota metodolóxica
   
Esta monografía supón a continuación no proceso de determinación da RENDA AGRARIA GALEGA (VEN cf) mediante o emprego da metodoloxía propugnada pola FAO en 1975, seguindo o Esquema Clásico de Resultados. A serie da Renda Agraria calculada por esta metodoloxía remóntase a moitos anos atrás, comezouse a publicar a partir de 1990.

A característica principal deste esquema metodolóxico é que dentro dos cómputos realizados englóbanse, xunto cos productos agrícolas e gandeiros, os procedentes doutras actividades consideradas complementarias ou auxiliares, da producción forestal e da acuicultura continental, integrándose do mesmo xeito outras como a recría de gando, as repoboacións, as melloras territoriais ou os investimentos en activos inmateriais.

De igual xeito, a contabilización dos Gastos de Fóra do Sector non só inclúen os consumos ou inputs intermedios senón outros conceptos.

Neste marco é cando se adoita a decisión de modifica-la metodoloxía empregada ata o momento (FAO, 1975) e incluí-lo chamado Sistema Europeo de Contas Económicas Integradas (SEC) desenvolvido en 1979 e actualizado en 1995, coa finalidade básica de satisface-lo requirimento da Comisión e de EUROSTAT. Este novo sistema establece unha serie de conceptos, definicións, normas e clasificacións homoxéneas para os Estados Membros da Unión Europea.

Establecido o novo marco contable, e unha vez resoltas as diferencias básicas que o sistema require respecto ó anterior, cómpre poñelo en marcha. Proceso no que o MAPA implicou ás Comunidades Autónomas con efecto retroactivo a 1990.

Non obstante, é preciso subliña-las enormes dificultades prácticas que supuxo tal operación para os responsables estatísticos autonómicos co feito de ter que separa-lo proceso productivo forestal, os seus inputs intermedios e a inclusión de novos conceptos.

Ante esta situación a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural optou por continua-la serie de Contas baseadas na metodoloxía FAO, co fin de analiza-las discrepancias e problemas entrámbolos dous métodos nun período de tempo suficiente.

     
     
  Macromagnitudes: definición dos conceptos
   
Producción total agraria (PTA)

    É a totalidade de bens e servicios producidos polo sector agrario (agrícola, gandeiro e forestal) ó longo dun ano natural, as variacións de efectivos gandeiros e as melloras por conta propia.

Producción final agraria (PFA)

    Vén dada pola diferencia entre a producción total agraria e a parte desta que se reemprega (reemprego).

Gastos fóra do sector

    Inclúense os gastos en sementes, fertilizantes, pensos, combustibles, etc. Exclúense os gastos de equipamento e melloras que son considerados como investimentos.

Valor engadido bruto a prezos de mercado (VEB pm)

    Vén dado pola diferencia entre PFA e os gastos de fóra do sector.

Valor engadido bruto ó custo dos factores (VEB cf)

    Obtense sumando do VEB pm o importe das subvencións.

Renda agraria ou valor engadido neto ó custo dos factores (VEN cf)

    A Renda Agraria ou Valor Engadido Neto áchase restándolle ó VEB cf o importe das amortizacións das instalacións e da maquinaria das explotacións.

No cálculo das contas do sector agrario, malia que xa se dixo que se refiren ó ano natural, cómpre face-las seguintes aclaracións:

    1. Por producción do ano enténdese as colleitas dentro do propio ano; así, no caso do viño, considérase como producción do ano x a obtida a partir das uvas vendimadas no ano x-1.

    2. Os medios de producción serán os empregados no ano, aínda que gastos como os de fertilizantes de fondo, sementeiras en cereais de inverno, etc., non poidan imputarse ás produccións correspondentes a ese período.

Valoracións

    As produccións valóranse de acordo cos prezos de saída da explotación, empregando unha media anual ponderada, de acordo co calendario de comercialización .

Do mesmo xeito, a valoración dos productos autoconsumidos e reempregados realízase tamén de acordo cos prezos de saída (non de custo).

Pola súa parte, os pensos, fertilizantes, enerxía, etc. valóranse conforme os prezos de entrada (media ponderada).

     
     
  Produccións agrícolas
   
1. RENDA AGRARIA 2000. Serie evolutiva 1986-2000

A renda agraria de Galicia no ano 2000 acada un valor global de 892,480 millóns de euros. Esta cantidade supón respecto ó ano anterior, onde a renda foi de 914,80 millóns de €, unha baixa dun –2,44%.

A principal razón que explica esta diminución é a caída da producción na rama agrícola polas condicións climatolóxicas adversas, especialmente os temporais do último trimestre do ano; tamén foi un mal período para o sector do bovino pola incidencia da EEB a partir do mes de novembro que, nembargantes, non conseguiu arrastrar a todo o subsector gandeiro cara a un resultado negativo. Por outra banda, os gastos de fóra do sector contribuíron de forma notable á caída da renda, ó incrementarse nun 7,30% respecto ó ano anterior.

Analizando a serie evolutiva histórica da renda agraria dende o ano 1986 obsérvase unha contracción de case un 39% (considerando euros constantes do 2001 e empregando o IPC como factor de deflación). As principais causas deben atoparse en:

Reducción dos prezos reais pagados ós productores

Incremento lento pero constante da carga das amortizacións técnicas ou non financeiras, resultado do incremento en investimentos e melloras nas explotacións agrarias que se vén producindo dende mediados dos anos 80.

Evolución da renda


A poboación agraria activa, tomando datos da Enquisa de Poboación Activa en Galicia (IGE), foi no ano 2000:

 
Poboación ocupada na agricultura*
Poboación ocupada total*
% Poboación activa agraria
 
         
1º Trimestre
140,1
970,3
14,44
 
2º Trimestre
141,8
988,2
14,35
 
3º Trimestre
144,0
1.000,6
14,39
 
4º Trimestre
138,6
987,4
14,04
 
Media anual
141,13
986,63
14,30
 
*En miles de persoas

A renda agraria por persoa ocupada sitúase nos 6.325,2€/ano, o que supón unha diminución dun 3,68% respecto ó ano 1999 (6.567,1 €/ano).

Esta caída da productividade (ratio renda/traballador ocupado) do sector agrario é froito, por unha banda, da baixa da renda agraria global; e por outra, do aumento do número de traballadores agrarios nun 1,29% como media do ano, incremento que non responde coa lóxica tendencia á diminución da poboación activa agraria que vén experimentando o campo galego dende hai uns anos e que se prevé que continuará no seguinte ano 2001.

A evolución da productividade dende o ano 1986 vén experimentar un crecemento sostido con lixeiras variacións interanuais, segundo se reflicte no seguinte gráfico:

Evolución da productividade

2. Estructura da Producción Final Agraria 2000

Distribución sectorial da PFA (Galicia)

 
S. Agrícola
429.051,93 miles €
(23,57%)
 
S. Gandeiro
1.032.694,82 miles €
(56,74%)
 
S. Forestal
287.653,69 miles €
(15,80%)
 
Outras produccións
70.737,74 miles €
(3,89%)
 
Total Sector Agrario
1.820.138,18 miles €
 

Distribución sectorial da PFA

O subsector agrícola viu reducida a súa achega á PFA nun 4,12 % respecto ó ano anterior ata acadar un 23,57% da PFA con 429.051,93 miles de euros debido, principalmente, ós baixos prezos da pataca, á caída na colleita de viño e a baixa dos prezos deste.

O subsector gandeiro continúa a se-lo principal protagonista do sector agrario galego, proseguindo o crecemento sostido que vén mantendo nos últimos anos en canto ó valor da súa producción, contribuíndo nun 56,74 % á PFA.

O subsector forestal aumenta a súa producción en 15,75 millóns de euros alcanzando unha participación do 15,80% da PFA; este incremento débese especialmente ó aumento das cortas totais de madeira.

Distribución provincial da PFA

 
A Coruña
576.037,7 miles €
(31,65%)
 
Lugo
562.188,0 miles €
(30,89%)
 
Ourense
282.299,2 miles €
(15,51%)
 
Pontevedra
399.613,2 miles €
(21,95%)
 
Total Sector Agrario
1.820.138,1 miles €
 

A Coruña

 
S. Agrícola
87.343,1 miles €
(15,16%)
 
S. Gandeiro
372.478,3 miles €
(64,66%)
 
S. Forestal
98.097,0 miles €
(17,03%)
 
Outras produccións
18.119,4 miles €
(3,15%)
 
Total Sector Agrario
576.037,7 miles €
 

Lugo

 
S. Agrícola
72.488,5 miles €
(12,90%)
 
S. Gandeiro
344.435,5 miles €
(61,27%)
 
S. Forestal
109.462,6 miles €
(19,47%)
 
Outras produccións
35.801,4 miles €
(6,37%)
 
Total Sector Agrario
562.188,0 miles €
 

Ourense

 
S. Agrícola
96.608,2 miles €
(34,93%)
 
S. Gandeiro
156.926,8 miles €
(55,59%)
 
S. Forestal
20.133,0 miles €
(7,13%)
 
Outras produccións
6.631,2 miles €
(2,35%)
 
Total Sector Agrario
282.299,2 miles €
 

Pontevedra

 
S. Agrícola
170.612,1 miles €
(42,69%)
 
S. Gandeiro
158.854,2 miles €
(39,75%)
 
S. Forestal
59.961,2 miles €
(15,00%)
 
Outras produccións
10.185,8 miles €
(2,55%)
 
Total Sector Agrario
399.613,2 miles €
 

Galicia
 
 
Galicia
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
   
               
S. Agrícola
23,57%
20,36%
16,90%
22,98%
39,76%
100%
 
S. Gandeiro
56,74%
36,07%
33,35%
15,20%
15,39%
100%
 
S. Forestal
15,80%
34,10%
38,05%
7,00%
20,85%
100%
 
Outras produccións
3,89%
25,61%
50,61%
9,37%
14,41%
100%
 
Contribución provincial á PFA
100%
31,65%
30,89%
15,51%
21,95%
   

A provincia cunha maior achega á Producción Final Agraria no subsector agrícola é Pontevedra cun 42,69% sobre a súa PFA –porcentaxe que se viu reducida respecto ó ano 99 que foi dun 48,1%– e cun 39,76 % sobre a PF do subsector agrícola en Galicia. A Coruña e Lugo acumulan a meirande parte da producción gandeira (respectivamente, o 36,07% e 33,35% sobre a PFGandeira galega).


3. Produccións agrícolas

Resumo do subsector agrícola

Achega provincial ó Subsector agrícola

Resumo do Subsector agrícola por provincias

A producción final do subsector agrícola concéntrase principalmente en:

Viño e subproductos
140.220,0 miles €
(32,68%)
 
Pataca
78.470,2 miles €
(18,29%)
 
Hortalizas
98.734,8 miles €
(23,01%)
 

que representan en conxunto máis do 70% da PFA do subsector agrícola, cifrada en 429.051,50 miles de euros. Do resto da producción agrícola destacan os sectores de froiteiras non cítricas e flores e plantas ornamentais cun 10,86% e un 9,00%, respectivamente.

Achega dos distintos productos  o Subsector agricola

Cereais gran

A producción total asignada ós cereais é de 45.872,9 miles de euros, cunha achega á PFA de 16.012,2 miles de euros que supoñen un 3,73% da PFA do subsector; a importante proporción de reemprego, ó redor do 65% da producción total de cereais, é indicativo do destino fundamental que se lle dá á alimentación animal, ó autoconsumo familiar e ás sementes.

O millo segue a se-lo cereal que máis peso ten sobre o total que, cun 56,23% do total e unha producción total de 25.792,231 miles de euros, rompe a tendencia decrecente de anos atrás.

Distribución da producción dos cereais gran

Evolución da producción de millo


Leguminosas gran

A valoración global das leguminosas-gran é de 6.768,5 miles de euros dos que 6.381,5 contribúen á PFA do subsector cun 1,49%. A súa producción está máis ou menos estabilizada xa que na súa meirande parte (máis do 90%) dedícase ó consumo humano. Prevalece o cultivo de feixón seco sobre o resto de leguminosas.


Pataca

No ano 2000 baixou a achega do tubérculo á PFA (78.470,2 miles €) nun 7,0% respecto ó valor do ano anterior.

A distribución temporal da producción foi:

Pataca extratemperá
0,10%
 
Pataca temperá
5,97%
 
Pataca media estación
82,15%
 
Pataca tardía
11,78%
 

Evolución da producción de pataca


Cultivos forraxeiros, pastos accidentais e prados naturais

Este grupo de productos presenta unha diminución respecto ó ano 1999, pasando dunha producción global de 19,2 millóns de tm en verde ata 14,64 millóns do ano 2000.

A valoración desta producción supuxo 386,317 millóns de euros (diminución dun 25,59% respecto ó ano anterior).

Por cultivos, as principais valoracións son as seguintes (sen contar pastos e prados naturais):

Distribución da producción dos cultivos forraxeiros

 
Miles de Euros
%
 
       
Praderías Polifitas
236.512,10
61,22%
 
Millo Forraxeiro
28.894,00
7,84%
 
Cereais de Inverno Forraxe
5.140,40
1,33%
 
Col Forraxeira
2.970,30
0.77%
 
Nabo Forraxeiro
1.992,00
0,52%
 
Remolacha Forraxeira
1.220,00
0,32%
 
Outros aproveitamentos
2.042,00
0.34%
 
Total forraxes
278.770,80
71,98%
 
Prados naturais
108.262,16
28,02%
 
Total
387.033,00
100%
 


As praderías polífitas, o millo forraxeiro e os cereais de inverno para forraxe supoñen máis do 95% da producción dos cultivos forraxeiros non permanentes, sen esquecer que os prados naturais e pastos achegan un 31,29% do total da producción forraxeira e son, polo tanto, un dos principais recursos naturais do sector.


Hortalizas

Continúa a se-lo segundo grupo, tralo viño, na achega á PFA (un 23,01%), diminuíndo lixeiramente a súa participación dende os 111,356 millóns de euros do ano pasado ata os 98,73 millóns deste ano (diminución dun 11,34%).

Por cultivos, as principais achegas á PTA foron as seguintes:

Distribucion da producción hortícola

 
000 Euros
%
% Acumulado
 
         
Col e Repolo
30.860,43
30,35
30,35
 
Feixóns verdes
15.803,54
15,54
45,90
 
Tomate para fresco
11.947,82
11,75
57,65
 
Amorodo
10.100,76
9,93
67,58
 
Leituga
9.660,04
9,50
77,09
 
Pemento para fresco
8.384,73
8,25
85,33
 
Cebola
5.414,14
5,33
90,66
 
Verza
2.260,22
2,22
92,88
 
Allo
1.867,35
1,84
94,72
 
Coliflor
1.601,65
1,58
96,29
 
Chícharos
772,39
0,76
97,05
 
Outros
2.996,10
2,95
100,00
 

Observamos unha producción hortícola galega que se atopa ben diversificada cunha gama de productos de grande calidade, constituíndo unha actividade complementaria e alternativa de producción gandeira.


Froitas

Neste apartado inclúense as froitas cítricas e non cítricas.

As primeiras non supoñen unha participación relevante, cífrase en 2,22 millóns de euros e destaca a producción localizada en hortos froiteiros de limón da variedade Berna.

As froitas non cítricas contribúen con 42,59 millóns de euros á PFA de 2000, cifra superior ós 36,23 millóns de euros de 1999, experimentando unha medra superior ó 28%.

O conxunto dos froitos non cítricos achega á PFA un 10,86% desta. Trátase, como nas hortícolas, dun grupo de producción con clara potencialidade expansiva e altos rendementos unitarios polas características climáticas do país, favorables ó seu consumo. Sen embargo, cómpre unha acción decidida de fomento ó investimento productivo para mellora-las actuais estructuras de producción e incrementa-la superficie cultivada.


Viñedo

A producción de viño segue a se-lo principal compoñente do subsector agrícola galego cun total de 140,22 millóns de euros de achega á PFA (32,68%).

A colleita de viño diminuíu nun 8,3% respecto ó ano anterior.

A contribución á PFA por categorías reflíctese na táboa adxunta:

 
000 Euros
%
% Acumulado
 
         
Brancos con D.O.
35.764,13
25,51
25,51
 
Tintos con D.O.
16.680,03
11,90
37,40
 
Viños de measa brancos
32.087,99
22,88
60,29
 
Viños de mesa tintos
46.731,65
33,66
93,61
 
Outros
8.956,52
6,39
100,00
 

Distribución da achega de viños

A distribución da achega por provincias amosa un predominio da producción en Pontevedra.

   
Achega provincial
 
       
A Coruña
7.744,0 miles €
(5,53%)
 
Lugo
12.652,5 miles €
(9,02%)
 
Ourense
37.562,6 miles €
(26,79%)
 
Pontevedra
82.261,28 miles €
(58,66%)
 


Flores e plantas ornamentais

Os 38,63 millóns de euros deste subsector representan un 9,00% da PFA, destaca o achegado polos 22,72 millóns de ducias de caraveis e os 2,78 millóns de rosas que supoñen un 52,48% e un 22,01%, respectivamente, do sector de flores e plantas ornamentais.

As comarcas onde se localiza a meirande producción de flor cortada son a costa do golfo Ártabro, a zona de Betanzos-Pontedeume e o litoral de Pontevedra.


4. Produccións gandeiras

Resumo do subsector gandeiro

O subsector gandeiro nas súas produccións totais sufriu un descenso de 30,27 millóns de euros, acadando a súa producción bruta un total de 1.143.303,7 millóns de euros. Aínda así, o comportamento do reemprego no subsector, que descendeu entre 1999 e 2000 un 42,07%, fixo que a producción final do subsector acadase os 1.032,69 millóns de euros, un 2,47% por enriba dos resultados do ano anterior, contribuíndo, deste xeito nun 56,74% á PFA.

Resumo do Subsector gandeiro por provincias

Achega provincial ó subsector gandeiro

Achega dos distintos productos ó Subsector gandeiro

Producción de carne de bovino

Esta producción (160,78 miles de euros) experimentou unha baixa global do 13,70%, respecto ó ano 1999, debido en boa parte ó efecto da EEB no último trimestre do ano.
A producción de carne de vacún céntrase preferentemente na provincia da Coruña (42,91%), seguida da de Lugo (31,85%); Ourense e Pontevedra achegan respectivamente o 17,83% e o 7,41%; esta distribución responde máis ó patrón de localización dos matadoiros que ó de distribución da oferta.

Bovino: Producción de carne e gando


Producción de carne de ovino e cabrún

A producción de carne de ovino en Galicia no ano 2000 ascendeu ós 5,38 millóns de euros e a de cabrún ós 1,24 millóns de euros. En conxunto acadan os 6,62 millóns de euros, incrementando así nun 11,26% a producción do ano anterior.
En canto á distribución xeográfica do valor da producción de ovino atopamos en Ourense o 48,98% do total, en Lugo, o 22,95%, na Coruña, o 14,91% e en Pontevedra, o 13,17% restante. No caso do cabrún, Ourense segue a se-la provincia máis representativa cun 67,20% do total autonómico; Pontevedra, A Coruña e Lugo participan, respectivamente, cun 22,09%, 6,21% e 4,50%.


Producción de carne de porcino, aves, coellos e equino

A producción de carne de porcino acadou unha valoración de 122,48 millóns de euros, sendo a principal fonte deste valor as máis de 110 miles de Tm de porcos cebados para sacrificio.
A análise por provincias denota unha maior concentración da oferta na provincia da Coruña (33,10%), seguida por Ourense e Lugo con produccións parellas (25,56% e 25,93%, respectivamente), mentres que Pontevedra achega o 15,41%. (Lembremos que a contabilización da producción de carne faise sobre os datos de sacrificio).

Porcino: producción de carne e gando

A producción de carne de aves supuxo 117,15 millóns de euros, o que representa un incremento do 9,27% sobre o ano anterior. A venda de carne de broiler supón o 94,83% desta producción.

Producción de aves

A carne de coello tivo un bo comportamento, comercializouse para sacrificio, no ano 2000, 12.620 Tm pv, cunha valoración estimada de 19,15 millóns de euros de achega á PFA.
Pontevedra sacrifica preto da metade dos coellos (6.310 Tm pv) cunha valoración de 9,76 millóns de euros; Ourense participa con 3.300 Tm pv e 4,99 millóns de euros; A Coruña e Lugo achegan conxuntamente o 22,91% da producción galega.

A valoración da carne de equino é pouco significativa no total da producción cárnica galega (0,32 millóns de euros); non obstante, o volume da cabana equina nesta comunidade é indicativo dunha forte comercialización cara ó exterior.

Producción de leite

Neste ano continúase co aumento na producción leiteira despois dunha longa tendencia de crecemento da producción dende a campaña 92/93. Este aumento acadou un máximo no ano 1996 de 2.137,3 millóns de litros, sufrindo posteriormente poucas variacións. No ano 2000 a producción leiteira total acadou os 2.229,2 millóns de litros (2.027,7 millóns con destino fóra do sector) cun valor de 596,43 millóns de euros de producción total e 542,29 millóns de euros con destino fóra do sector, o que supón que segue a se-la principal das produccións gandeiras galegas, o que representa un 52,51% da PF do subsector gandeiro e o 29,79% da PFA total.

A serie evolutiva da producción leiteira para Galicia sería a seguinte:

Producción de leite

Da análise por provincias cabe subliña-la supremacía das provincias da Coruña e Lugo (44,48% do valor da producción final comercializable con 880,5 millóns de litros no caso da primeira; 42,20% do valor final con 863,58 millóns de litros no caso da provincia de Lugo); Pontevedra acada o 11,69% do valor da producción final correspondente ó total de Galicia con 243,73 millóns de litros comercializados; pola súa banda, Ourense participa cun 1,64% do valor e 32,8 millóns de litros vendidos.


Producción de ovos

É outra das produccións importantes dentro do sector agrario galego. En 2000 obtivéronse 68,79 millóns de ducias de ovos, por un valor total de 69,02 millóns de euros e unha achega á producción final do subsector de 56,65 millóns de euros, o que supón un 5,48% desta e o 3,11% da PFA.

O valor da producción final do ano 2000 é superior á do ano anterior nun 10,99%, sendo a distribución entre ovos de distintas orixes a que se reflicte de seguido:

Ovos de galiñas de granxa
49,03 millóns de ducias
(71,27%)
 
Ovos de galiñas campeiras
19,58 millóns de ducias
(28,46%)
 
Ovos doutras aves
0,18 millóns de ducias
(0,27%)
 


 
Cadro resumo da Producción de ovos e a súa valoración en 2000
 
Producción
(millóns de ducias)
%S/G
Valoración
(millóns €)
%S/G
 
De granxa ou selectas
Campeiras e outras
De granxa ou selectas
Campeiras e outras
De granxa ou selectas
Campeiras e outras
De granxa ou selectas
Campeiras e outras
A Coruña
11.47
8.19
23,39%
41,45%
11.65
11.77
31,56%
36,67%
Lugo
6.24
1.74
12,73%
8,81%
4.31
2.91
11,98%
9,07%
Ourense
19.37
1.76
39,51%
8,91%
12.71
2.96
34,44%
9,22%
Pontevedra
11.95
8.07
24,37%
40,84%
8.24
14.46
22,32%
45,04%
Galicia
49.03
19.76
100,00%
100,00%
36.91
32.10
100,00%
100,00%


Na anterior táboa pode verse que Ourense é a primeira provincia en producción de ovos de galiñas selectas cun 39,51% e o 34,44% do seu valor; seguida por Pontevedra co 24,37% da producción e o 22,32% do valor, e pola Coruña cun 23,39% e un 31,56% da producción e do seu valor, respectivamente.

No tocante á producción de ovos campeiros e outros, é A Coruña a primeira productora galega cunha producción do 41,45% e unha valoración do 36,67%. Pontevedra segue a esta en producción cun porcentaxe do 40,84%, sen embargo supera á Coruña en valor da producción.

Producción de pel fina, mel e cera

Este tipo de produccións achegan pequenas porcentaxes á PFA, pero a súa significación é altamente positiva no contexto nacional.

Así, a producción de pel fina representa 2,9 millóns de euros, un 0,16% da PFA total. A Coruña achega o 81,35% da producción e Pontevedra o restante 18,65%.

Por outra banda, o sector do mel, que agrupa un amplo colectivo de productores, supón un 0,22% da PFA con 4,02 millóns de euros, sendo Lugo a principal productora cun 61,34% do valor total. A producción no ano 2000 baixou (un 16,25 %) respecto á do ano anterior.


5. Produccións forestais

No ano 2000 incrementouse nun 4,48% a producción madeireira, acadándose os 239,689 millóns de euros; este feito é debido basicamente ó crecemento das cortas nun pouco máis dos 675.000 m3, continuando así coa tendencia alcista da producción nos derradeiros anos, segundo se reflicte no seguinte gráfico.

Evolución da producción de madeira

O piñeiro galego (Pinus pinaster), con 103,7 millóns de euros, superou neste ano ó eucalipto (90,19 millóns de euros), que presentou un montante de cortas e un prezo medio por m3 lixeiramente inferior ós daquel. A especie de Pinus radiata, é a terceira en producción, achegando un 10,56% á producción madeireira no ano 2000, cun valor de 25,3 millóns de euros.

Cando se fala na producción de madeira de estimacións, cómpre subliñar que tal proceso faise contrastando anualmente os volumes de consumo da industria de primeira transformación e o balance do comercio exterior con outros países e outras rexións do Estado; así pódese establecer unha cifra "obxectivo" que permita unha aproximación ás licencias de corta oficiais e privadas.

 
Producción de madeira
   
Galicia
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
   
Valor
%
Valor
%
Valor
%
Valor
%
Valor
%
  Pinaster Mill eur
103,71
100
36,54
35.24
38,32
36.96
9,96
9.60
18,88
18.20
Mill m3 cc
3,00
100
0,96
32.00
1,29
43.00
0,27
9.00
0,48
16.00
  Eucalipto Mill eur
90,19
100
34,88
38.68
26,74
29.65
0,02
0,02
28,55
31.65
Mill m3 cc
2,90
100
1,11
38.28
0,88
30.34
0,02
0.07
0,91
31.38
  Radiata Mill eur
25,30
100
4,20
16.6
15,47
61.15
1,81
7.15
3,82
15.10
Mill m3 cc
0,87
100
0,14
16.09
0,52
59.77
0,05
5.75
0,16
18.39


Resumo da producción de madeiras

Lugo é a provincia cunha maior participación nas cortas totais de madeira cun 40,88%, seguida da Coruña cun 31,62% e Pontevedra co 22,32%; a contribución económica destas provincias é, respectivamente, o 38,61%, o 32,38% e o 22,50%. Doutra banda, tendo en conta a significación das especies, Lugo é a maior productora de piñeiro galego e de piñeiro radiata, mentres que a maior producción de eucalipto céntrase nas provincias da Coruña e Pontevedra.

O conxunto do subsector forestal no que se inclúen ademais da madeira outros aproveitamentos acadou os 287.65 millóns de euros, experimentou así un crecemento do 15,76% respecto ó ano anterior (271,89 millóns de euros no 1999). Lugo contribúe á producción final do subsector cun 38,05%, A Coruña cun 34,10%, Pontevedra cun 20,84% e Ourense co 7,01% restante.

Achega provincial ó subsector forestal


6. Outras produccións

Neste punto figuran as melloras por conta propia, as plantacións de viñedo, as repoboacións e outros pequenos investimentos cuantificables como melloras permanentes no sector agrario. De xeito resumido, temos para o conxunto de Galicia:

Melloras por conta propia
38.144,35 miles €
(53,92%)
 
Repoboacións forestais
27.812,77 miles €
(39,32%)
 
Plantacións de viñedo
3.248,60 miles €
(4,59%)
 
Plantacións de froiteiras
312,00 miles €
(0,44%)
 
Outros ingresos (indemnizacións, seguros)
1220,01 miles €
(1,72%)
 
Total outras produccións
70.737,74 miles €
 


  7. Gastos fóra do sector
   


Contabilízanse tódolos gastos reducidos nas explotacións agrarias galegas ó longo do ano, agás aqueles que representan un investimento na mellora do equipamento ou instalación destas.

Inclúense, polo tanto, todos aqueles gastos en pensos para o gando, fertilizantes e emendas do solo, gastos enerxéticos, mantemento e reparacións de maquinaria e instalacións, sementes selectas e pés, tratamentos zoo e fitosanitarios e outros gastos de pequena significación (fío, rafia, ferramentas, plásticos agrarios, etc.). A valoración deste tipo de gastos faise mediante unha ponderación dos prezos medios á entrada da explotación, a partir da estatística mensual de prezos.

Pensos para o gando
249.625,7 €
(32,2%)
 
Reparación e maquinaria
235.717,4 €
(30,4%)
 
Enerxía
93.316,2 €
(12,0%)
 
Trat. zoosanitarios e fitosanitarios
57.443,4 €
(7,3%)
 
Fertilizantes e emendas
40.643,2 €
(5,2%)
 
Reparacións de construccións
24.868,5 €
(3,2%)
 
Pneumáticos e lubricantes
29.403,0 €
(3,8%)
 
Sementes selectas e pés
22.435,6 €
(2,9%)
 
Outros gastos
22.952,9 €
(3,0%)
 
Total gastos
776.405,9€
 

O gasto principal nas explotacións galegas corresponde á alimentación do gando, que representa un 32,2% do total, seguido da reparación da maquinaria que supón un 30,4%. Se ós gastos de reparación lles engadimos outros relacionados directamente co funcionamento da maquinaria como son a enerxía e os gastos en pneumáticos e lubricantes, esta participación ascende case á metade dos gastos totais dunha explotación (46,2%), dando conta da importancia da carga que para unha explotación representa o sobredimensionamento en maquinaria e que, conxuntamente coa alimentación, representan preto do 80% daqueles.

Gastos fóra do sector

Sementes selectas e pés

Se ben a maior parte das sementes e pés empregados nos cultivos agrícolas son comerciais (híbridos ou certificados), coma no caso do millo, pataca, hortalizas, pés para flor e algunhas forraxeiras; non hai que esquecer que unha boa parte das sementes empregadas na producción forraxeira proveñen do reemprego das produccións do sector e que o seu custo non está cuantificado.

No seu conxunto, os gastos que nos ocupan supuxeron un total de 22,43 millóns de euros en 2000 (o 2,9% do total dos gastos de fóra do sector), integrados na súa meirande parte pola semente de pataca certificada (34,10%), seguida do millo híbrido (24,29%) e das forraxeiras e pratenses (23,25%).


Pensos para ó gando

O gasto total en pensos representa un 32,15% do total dos gastos de fóra do sector, acadando un montante de 249.63 millóns de euros. Os pensos compostos supoñen un 90,51% deste importe; destacan os pensos para porcino (34,53%), vacún (27,20%) e aves (23,04%). O gasto en millo ascende a preto das 74.500 tm cun valor de 13,17 millóns de euros.

No seguinte cadro exponse a contribución provincial no ano 2000:

 
Galicia
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
 
Miles €
%
Miles €
%
Miles €
%
Miles €
%
Miles €
%
Porcino
86.198,30
34,53
39.806,92
38.96
10.205,34
17.29
25.059,60
52.08
11.126,41
27.69
Vacún
67.892,20
27,20
37.834,20
37.03
25.889,75
43.87
1.011,10
2.10
3.157,26
7.86
Aves
57.520,70
23,04
6.949,10
6.80
9.452,28
16.02
21.188,30
44.04
19.930,95
49.60
Millo
13.169,40
5,28
5.812,80
5.69
6.627,78
11.23
379,70
0.79
349,10
0.87
Outros
24.845,01
9,95
11.778,68
11.53
6.835,41
11.58
476,10
0.99
5.754,87
13.99
Total
249.625,61
100
102.181,70
100
59.010,56
100
48.114,80
100
40.318,58
100


O principal gasto na provincia de Lugo corresponde ó vacún, mentres que en Ourense e A Coruña predominan os gastos en penso para porcino e en Pontevedra para aves. Por tipoloxías, o maior consumo de penso para porcino corresponde á provincia da Coruña (46,18%), seguida de Ourense (29,07%). O gasto máis elevado en penso para vacún tamén corresponde á Coruña (55,73 %) mentres que Lugo (38,13%) é a segunda provincia con maior gasto, tal e como corresponde a dúas provincias con maior vocación gandeira de vacún. En canto ás aves, destacan Ourense (36,84 %), seguida de Pontevedra (34,65%) que ten unha clara especialización neste subsector.


Fertilizantes e emendas

Este capítulo, de menor significación no conxunto dos gastos da explotación, supón para o global de Galicia ó redor dos 40,6 millóns de euros, que se corresponden cun consumo estimado de 32,56 tm de N2, 24,13 tm de P2O5 e 14,01 tm de K2O, xunto con 34,5 tm de emendas calcarias.

O gasto en fertilizantes e emendas supuxo un crecemento dun 2,91% respecto ó ano 1999 (39,45 millóns €), continuando así a tendencia alcista comezada en 1994.

Na Coruña consúmense un 40,04% dos fertilizantes, en Lugo un 24,09%, en Ourense un 13,27% e en Pontevedra o 22,60% restante.

Gastos en fertilizantes

Gastos en emendas


Enerxía, lubricantes e pneumáticos

Este bloque de gastos acadou en 2000 un montante de 122,72 millóns de euros (segundo datos da Secretaria Xeral do MAPA), distribuíndose do seguinte xeito:

Enerxía
93,32 millóns de €
(76,04%)
 
Lubricantes
9,52 millóns de €
(7,76%)
 
Pneumáticos
19.88 millóns de €
(16,20%)
 

No seu conxunto, o consumo neste punto aumentou un 26,61% respecto ó ano anterior. A maior parte do gasto produciuse na provincia de Lugo, onde un total de 49,51 millóns de euros supoñen o 40,34% do gasto autonómico.


Tratamentos Fito e Zoosanitarios

O gasto total en tratamentos foi de 57,44 millóns de euros, un 6,17% superior ó do ano pasado (54,1 millóns de euros).

Deste total correspóndelles ós zoosanitarios o 81,27%; son os gastos veterinarios destinados ó vacún os de maior significación no grupo (con 34,13 millóns de euros que supoñen o 73,11% dos zoosantiarios).

Os herbicidas son, pola súa banda, os productos que contribúen en maior medida ós gastos fitosanitarios e representan un 40,52% do total daqueles (10,76 millóns €).


Reparación de maquinaria e construccións

Os gastos de conservación de maquinaria e instalacións son un dos capítulos que máis gravan ós productores galegos debido, sen dúbida, á forte carga de mecanización das explotacións e ó avellentamento das edificacións.

O valor total do parque de maquinaria en 2000 acada unha cifra de 3463,50 millóns de euros (un 6,55% maior có do ano anterior), cun gasto en reparacións de 235,72 millóns de euros (o 6,81% sobre o valor total e un 10,44% por enriba do gasto en 1999). As máquinas con maior gasto en reparacións son:

Tractores de rodas
163.908,9 millóns de €
 
Motocultores
23.242,2 millóns de €
 
Remolques de tractor
7.965,3 millóns de €
 
Recolledoras empacadoras
4.869,6 millóns de €
 

A reparación e conservación das edificacións experimenta un pequeno incremento respecto a 1999 (1,1%).

     
   
subir