
Título:
Pedro Murias, tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa
Resumo:
O estudo de Ana Cabana é a segunda edición da obra e foi promovida
polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro
Murias como homenaxe ao seu epónimo co gallo do centenario do filántropo.
Este traballo perfila a biografía de Pedro Murias e a súa andaina,
coas súas luces e as súas sombras, e debulla con rigor a orixe
e vicisitudes da Fundación e mais da Escola Agrícola Pedro Murias.
DL: Lu-435-2006 | Nº páx: 225 | Prezo: 0 €

Título:
Historia da dozaría tradicional galega
Resumo:
Esta historia da nosa dozaría pretende facer un percorrido
e dar unha visión panorámica dos ingredientes e produtos
elaborados presentes na repostaría de Galicia. Unha guía
que procura axudar os que busquen afondar nos distintos aspectos
desta tradición e comprender os procesos que explican o nacemento
e a desaparición dalgúns doces do noso repertorio culinario
por mor dos tempos e da mudanza dos gustos e dos sistemas de produción.
ISBN: 84-453-4264-9 | DL: C-1613-2006 | Nº páx: 107 | Prezo: 18 €

Título:
Resultados do programa de xestión de vacún de leite en Galicia
no periodo 1998–2005
Centro:
Centro de investigacións agrarias de Mabegondo.

Título:
Valor agronómico de variedades comerciais de millo forraxeiro en
Galicia. Actualización 2007
Centro:
Centro de investigacións agrarias de Mabegondo.

Título:
Día de campo
Centro:
Centro de investigacións agrarias de Mabegondo.
