Medio Rural
Inicio >> Mar >> O sector >> Marisqueo
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Marisqueo

O marisqueo está definido legalmente como unha modalidade específica de pesca, consistente na actividade extractiva dirixida á captura de mariscos. A súa faceta máis sinxela e artesanal -a que ten como obxecto a captura de moluscos na costa areosa e se fai a pé sen utilizar embarcación- é o que coñecemos como marisqueo a pé. Esta actividade ten unha grande importancia social en Galicia, xa que dela dependen os ingresos de máis de 4.000 persoas, na súa gran parte mulleres. O marisqueo a flote, non entanto, é desempeñado principalmente por homes.

As especies principais que capturan os mariscadores a pé son: a ameixa fina (Ruditapes decussatus) , a ameixa babosa (Venerupis pullastra) , e o berberecho (Cardium edule).

No ano 2009, o valor económico dos bivalvos descargados nas lonxas galegas polos mariscadores e mariscadoras da nosa comunidade acadou máis de 68 millóns de euros, correspondentes ás preto de 9.000 toneladas de produción subastadas.

Ver táboa con toda a información - Fonte: Anuario de Pesca, 2009 (Servizo de Produción Pesqueira da Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca)

Máis información


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS