A pesca marítima de recreo é aquela que se practica por entretemento, deporte ou afección, sen ánimo de lucro e respecto co exercicio da actividade pesqueira, marisqueira e acuícola profesional.
Actualmente participan en Galicia desta actividade ao redor de 45.000 persoas. A Lei de Pesca de Galicia recolle entre os seus fins a promoción deste tipo de pesca como actividade de lecer en harmonía coa pesca marítima profesional, así como as actividades turísticas, deportivas ou de coñecemento relacionadas co medio mariño, na procura da diversificación económica do sector marítimo-pesqueiro galego.
Para isto, a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, puxo en marcha unha normativa a finais de 2009 para artellar o correcto desenvolvemento da práctica desta actividade, a cal adoecía dun baleiro legal dende o ano 2003.
O que se pretende é acadar que esta actividade de ocio poda evolucionar e desenvolverse sen interferir nin prexudicar á pesca profesional mediante a compatibilidade de ámbalas dúas a través da coordinación da explotación e conservación dos recursos mariños, e lograr deste xeito un equilibrio ecolóxico á vez que social e económico.

