O Rexistro Galego de Materiais de Base pretende regular o procedemento de autorizaciónpara a produción de materiais forestais de reprodución. A normativa establece que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización se utilizarán unicamente materiais de base autorizados.
Os materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución a empregar na silvicultura deben reunir características de calidade que contribúan a acadar os obxectivos pretendidos, ben sexan de carácter produtivo (madeireiro ou froito, entre outros) ou doutro ámbito.
O material de reprodución forestal -sementes, plantas, froitos, partes de plantas- e a xenética forestal forman unha unidade instrumental indispensable para a aplicación dunha política forestal e para contribuír a que a evolución dos sistemas forestais acaden formas ou esquemas máis acordes coas demandas da sociedade.
NOVO Aplicación informática para a xestión do material forestal de reprodución nos viveiros (54 Mb)
Código fonte da aplicación informática (uso co compilador .NET) (73 Mb)
Breves instrucións para o manexo da aplicación informática (3 Mb)
Na seguinte táboa pode coñecer a delimitación do material de reprodución forestal autorizado, clasificado segundo as zonas de procedencia, especie, categoría, tipo ou concello.
