Doenzas (Versión en gallego)
- Nas explotacións de ruminantes non se utilizan produtos que conteñan proteínas procedentes de animais terrestres nin de pescado, coas excepcións previstas no Anexo IV do regulamento.
- Nas explotacións doutros animais produtores de alimentos distintos dos ruminantes non se utilizan produtos que conteñan proteínas procedentes de animais terrestres, coas excepcións previstas no Anexo IV do regulamento.
- No caso das explotacións mixtas nas que coexistan especies de ruminantes e non ruminantes e se utilicen pensos con proteínas animais transformadas destinados á alimentación de non ruminantes, existe separación física dos lugares de almacenamento dos pensos destinados a uns e a outros.
- Notifícase á autoridade competente a sospeita de casos de EET e cúmprense as restricións que sexan necesarias.
- O gandeiro dispón da documentación precisa para acreditar os movementos e o cumprimento da resolución que expida a autoridade competente, cando esta sospeite a presenza dunha EET na explotación.
- O gandeiro dispón da documentación precisa para acreditar os movementos e o cumprimento da resolución que expida a autoridade competente, cando esta confirme a presenza dunha EET na explotación.
- O gandeiro posúe os certificados sanitarios que acrediten que se cumpre segundo o caso, o especificado nos Anexos VIII e IX sobre posta no mercado e importación, do Regulamento (CE) nº 999/2001.
- O gandeiro non pon en circulación animais sospeitosos ata que non se levante a sospeita pola autoridade competente.
- Notifícase de inmediato á autoridade competente a presenza, ou a sospeita de presenza, da enfermidade da febre aftosa (o animal debe estar illado das instalacións ata que o examine o veterinario oficial e decida as medidas que vaia a tomar).
- Notifícase de inmediato á autoridade competente a sospeita da presenza dalgunha destas enfermidades:
- peste bovina
- peste de pequenos ruminantes
- enfermidade vesicular porcina
- lingua azul
- enfermidade hemorráxica epizoótica do cervo
- varicela bovina
- estomatite vesicular
- febre porcina africana
- dermatose nodular contaxiosa
- febre do val de Rift (o animal debe estar illado das instalacións ata que o examine o veterinario oficial e decida as medidas que vaia a tomar).
- Notifícase de inmediato á autoridade competente a sospeita ou confirmación da lingua azul (o animal debe estar illado das instalacións ata que o examine o veterinario oficial e decida as medidas que vaia a tomar).

