Medio Rural
  • Noticia
 


Rosa Quintana asinou hoxe en Beade con 21 alcaldes os convenios para a mellora das infraestruturas rurais

  • O obxectivo fundamental das obras enmarcadas nestes proxectos é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia

Santiago, 22/06/2012

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, reuniuse hoxe na Mancomunidade do Ribeiro, para asinar os convenios sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) cos distintos alcaldes dos concellos que se beneficiarán deste investimento.

O obxectivo fundamental das obras enmarcadas nestes proxectos é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia.

O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

Obxecto e Actuacións
O convenio establece que a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural, mentres que o Ministerio colaborará no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais. Esta parte do plan complementa á executada pola Xunta o ano pasado.

A continuación, xúntase nun cadro o presuposto para cada concello:

CONCELLO

PRESUPOSTO

Arnoia, A

34.990,48 €

Avión

51.072,69 €

Beade

41.167,16 €

Beariz

45.696,89 €

Boborás

54.507,49 €

Carballeda de Avia

38.164,18 €

Carballiño, O

51.638,93 €

Castrelo de Miño

35.763,25 €

Cenlle

41.723,17 €

Cortegada

43.437,74 €

Irixo, O

41.815,96 €

Leiro

39.312,55 €

Maside

51.394,77 €

Melón

33.581,29 €

Padrenda

50.023,46 €

Pontedeva

34.307,47 €

Piñor

50.578,37 €

Punxín

40.571,75 €

Ribadavia

37.916,17 €

San Amaro

45.761,04 €

San Cristovo

70.931,58 €

TOTAL

934.356,39 €

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal
RSS