A gala estivo presidida polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. Neste acto entregáronse os premios nos diferentes apartados nos que se estrutura a Cata.
Na edición deste ano participaron un total de 187 viños de 130 adegas das diferentes D.O. galegas. Así como 13 augardentes, 11 licores de herbas e 7 licores café, pertencentes a 18 industrias elaboradoras inscritas no Consello Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. O panel de cata estivo composto por 12 expertos no caso dos viños e 7 no das augardentes e licores.
NOTA: A relación de premiados pode consultarse no arquivo (en pdf) ao pé desta páxina.
Recursos
120711_NP_Premios_Catas_2012.pdf (244 Kb) 
