A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Rubiá, na parroquia do Porto.
O lume comezou este martes, 31 de xullo, ás 16:43 horas e quedou finalmente extinguido ás 20:24 horas desta tarde. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 129,52 hectáreas, das cales, 49 son arboradas e 80,52 de monte raso.
Nos traballos de extinción deste incendio participaron 1 técnico, 9 axentes forestais, 18 brigadas, 14 motobombas, 1 pala, 6 helicópteros e 5 avións.
Cómpre puntualizar que este incendio localizouse preto do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, pero non chegou a afectar este espazo natural. Pola contra é preciso salientar que si se rexistrou no día de onte, e coincidindo co anterior, un conato que afectou a 0,01 hectáreas dentro deste Parque Natural, na mesma parroquia do Porto do municipio de Rubiá. Este lume iniciouse ás 21:16 horas da noite do martes e quedou extinguido ás 00:54 horas desta madrugada.

