A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, reuniuse hoxe na Mancomunidade do Ribeiro, para asinar os convenios sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) cos distintos alcaldes dos concellos que se beneficiarán deste investimento.
O obxectivo fundamental das obras enmarcadas nestes proxectos é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia.
O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.
Obxecto e Actuacións
O convenio establece que a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural, mentres que o Ministerio colaborará no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais. Esta parte do plan complementa á executada pola Xunta o ano pasado.
A continuación, xúntase nun cadro o presuposto para cada concello:
| CONCELLO | PRESUPOSTO |
| Arnoia, A | 34.990,48 € |
| Avión | 51.072,69 € |
| Beade | 41.167,16 € |
| Beariz | 45.696,89 € |
| Boborás | 54.507,49 € |
| Carballeda de Avia | 38.164,18 € |
| Carballiño, O | 51.638,93 € |
| Castrelo de Miño | 35.763,25 € |
| Cenlle | 41.723,17 € |
| Cortegada | 43.437,74 € |
| Irixo, O | 41.815,96 € |
| Leiro | 39.312,55 € |
| Maside | 51.394,77 € |
| Melón | 33.581,29 € |
| Padrenda | 50.023,46 € |
| Pontedeva | 34.307,47 € |
| Piñor | 50.578,37 € |
| Punxín | 40.571,75 € |
| Ribadavia | 37.916,17 € |
| San Amaro | 45.761,04 € |
| San Cristovo | 70.931,58 € |
| TOTAL | 934.356,39 € |

