Axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares
Obxecto
Esta axuda ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado
de centros escolares.
Destinatarios
Poderán ser destinatarios da axuda os alumnos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
a) Segundo ciclo de educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria obrigatoria.
Solicitantes
Os solicitantes da axuda serán os centros escolares que pertenzan aos
niveis de ensino citados que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Documentación a presentar e prazo
Os centros escolares que pretendan subministrar froitas frescas deberán ser autorizados polo director do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) para o que presentarán os anexos IIA, solicitude de autorización, e IIB, solicitude de axuda.
O prazo para presentar as solicitudes de autorización e de axuda, é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Resolución correspondente ao ano 2012
RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012 (pdf, 637 Kb) pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2012.
CORRECCIÓN de erros. Resolución do 8 de xuño de 2012 (pdf, 520 Kb) pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2012.
RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012 (pdf, 506 Kb), da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria, pola que se da publicidade á relación de centros escolares beneficiarios das axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares de Galicia para o curso escolar 2012-2013.
Modelos de Impresos:
- Anexo IIA Solicitude de autorización (130 Kb)
- Anexo IIB Solicitude de axuda (130 Kb)
- Anexo III Rexistro de compras e subministración de produtos (80 Kb)
- Anexo IV Solicitude de pagamento da axuda (130 Kb)
Resolución correspondente ao ano 2011
RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2011 (pdf, 823) pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2011.
Modelos de Impresos:
CORRECCIÓN de erros. Resolución do 13 de maio de 2011 (pdf, 536 Kb) pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2011.
- Anexo IIIA (57 Kb) Solicitude de autorización
- Anexo IIIB (25 Kb) Certificación de datos do centro escolar
- Anexo IIIC (21 Kb) Declaración xurada
- Anexo IV (54 Kb) A Solicitude de pagamento
- Anexo V (103 Kb) A Rexistro de compras e subministración de produtos
Resolución correspondente ano 2010
Resolución do 26 de maio de 2010 (pdf, 179 Kb) pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2010.
Modelos de Impresos:
- Anexo IIIA (57 Kb) Solicitude de autorización
- Anexo IIIB (25 Kb) Certificación de datos do centro escolar
- Anexo IIIC (21 Kb) Declaración xurada
- Anexo IV (54 Kb) Solicitude de pagamento
- Anexo V (103 Kb) Rexistro de compras e subministración de produtos
Para máis información visite a páxina web do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino adicada á ALIMENTACIÓN, con contidos técnicos sobre o plan de consumo de froitas e hortalizas nas escolas, xogos interactivos para os rapaces, información sobre as froitas e hortalizas e outros temas de interese. Tamén recomendamos a visita da páxina web da Unión Europea adicada ao fomento do consumo de leite, froitas e hortalizas nas escolas LA PANDILLA SABROSA.
Normativa
- Regulamento (CE) 1234/2007 (1 Mb) do Consello do 22 de outubro de 2007 (consolidado a 1 de maio de 2010) polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (Regulamento único para as OCM)
Este documento leva incluídas as modificacións dos seguintes regulamentos:- Regulamento (CE) 247/2008 do Consello do 17 de marzo de 2008 L 76 1 19.3.2008
- Regulamento (CE) 248/2008 do Consello do 17 de marzo de 2008 L 76 6 19.3.2008
- Regulamento (CE) 361/2008 do Consello do 14 de abril de 2008 L 121 1 7.5.2008
- Regulamento (CE) 470/2008 do Consello do 26 de maio de 2008 L 140 1 30.5.2008
- Regulamento (CE) 510/2008 da Comisión do 6 de xuño de 2008 L 149 61 7.6.2008
- Regulamento (CE) 13/2009 do Consello do 18 de decembro de 2008 L 5 1 19.1.2009
- Regulamento (CE) 72/2009 do Consello do 19 de xaneiro de 2009 L 30 1 31.1.2009
- Regulamento (CE) 183/2009 da Comisión do 6 de marzo de 2009 L 6 9 7.3.2009
- Regulamento (CE) 435/2009 da Comisión de 26 de maio de 2009 L 128 12 27.5.2009
- Regulamento (CE) 491/2009 do Consello de 25 de maio de 2009 L 154 1 17.6.2009
- Regulamento (CE) 1047/2009 do Consello do 19 de outubro de 2009 L 290 1 6.11.2009
- Regulamento (CE) 1140/2009 do Consello do 20 de novembro de 2009 L 312 4 27.11.2009
- Regulamento (CE) 288/2009 (776 Kb) da comisión do 7 de abril de 2009 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1234/2007 do Consello no relativo á concesión dunha axuda comunitaria para a distribución de froitas e hortalizas, froitas e hortalizas transformadas e produtos do plátano aos nenos nos centros escolares, no marco dun plan de consumo de froita nas escolas.
- Regulamento de execución (UE) núm. 1208/2011 (986 Kb) da Comisión do 22 de novembro de 2011 que modifica e corrixe o Regulamento (CE) núm. 288/2009, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) núm. 1234/2007 do Consello no relativo á concesión dunha axuda comunitaria para a distribución de froitas e hortalizas, froitas e hortalizas transformadas e produtos do plátano aos nenos nos centros escolares, no marco dun plan de consumo de froita nas escolas.
- Regulamento (UE) 34/2011 (716 Kb) da Comisión do 18 de xaneiro de 2011 que modifica o Regulamento (CE) 288/2009 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1234/2007 do consello no relativo á concesión dunha axuda comunitaria para a distribución de froitas e hortalizas, froitas e hortalizas transformadas e produtos do plátano aos nenos nos centros escolares, no marco dun plan de consumo de froita nas escolas
- Regulamento (UE) 245/2010 (702 Kb) da Comisión do 23 de marzo de 2010 polo que se establecen excepcións ao Regulamento (CE) 288/2009 no que atinxe ao prazo para que os Estados membros notifiquen as súas estratexias á Comisión e ao prazo para que a Comisión decida sobre a asignación definitiva da axuda no marco dun plan de consumo de froita nas escolas.
- Regulamento (CE) 852/2004, (124 Kb) do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

