A Consellería do Medio Rural e do Mar amplía en 7 millóns de euros o crédito da convocatoria de 2012 para os proxectos dos Grupos de Acción Costeira, a distribuír en distintas anualidades. Anunciouno esta mañá a titular da Consellería, Rosa Quintana, durante a visita ao Arquivo Histórico da Confraría de Caión, un dos proxectos desenvolvidos polo Grupo de Acción Costeira 3-Costa da Morte. Segundo sinalou a conselleira o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará en breve a orde que establece o crédito destas axudas, financiadas nun 69% polo Fondo Europeo da Pesca.
A titular de Medio Rural e do Mar, acompañada da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou o labor desenvolvido polo GAC 3 no concello da Laracha e púxoo como exemplo de difusión da cultura mariñeira. Ademais salientou a importancia do arquivo, xa que permite conservar e pór a disposición das xeracións futuras toda a tradición e información relativa á confraría e á pesca e deixar constancia da importancia desta actividade no pasado de Caión. A Consellería do Medio Rural e do Mar destinou a este proxecto máis de 65.000 euros.
A maiores, Rosa Quintana sinalou que é clave complementar iniciativas para impulsar a oferta turística ligada ao mar, á cultura, á gastronomía e ás actividades de lecer. Neste sentido citou outros proxectos turísticos desenvolvidos polo GAC 3 como Mar de Caión ou Costa Caión, que visitou tras coñecer o Arquivo Histórico da confraría.
Outras iniciativas
Mar de Caión é unha iniciativa que consiste en unificar a oferta desta localidade coa creación de espazos de información e desenvolvemento de servizos ligados ao mar e ao pasado mariñeiro, empregando e potenciando os recursos propios do pobo. Este plan conta coa participación do sector da hostelería, que utiliza a imaxe de Mar de Caión para dar un servicio turístico. O departamento de Rosa Quintana destinou a este proxecto preto de 112.000 euros.
Por outra banda Costa de Caión consiste na posta en marcha dun establecemento de aloxamento e hostalería impulsado por xente xoven que colabora co sector do mar. O establecemento está composto de varias edificacións tradicionais de pedra nunha única parcela e ofrece produtos locais e de calidade. Esta iniciativa contou cunha axuda de máis de 60.000 euro
Recursos

