A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de que permanece controlado o lume forestal rexistrado no municipio ourensán do Barco de Valdeorras. Ás 22:15 de onte domingo quedou extinguido o incendio no concello lugués de Navia de Suarna.
CONTROLADO
• Provincia de Ourense
O lume rexistrado no concello do Barco de Valdeorras, parroquia de Santigoso, permanece controlado dende as 15:15 horas de onte domingo, 12 de agosto. Segundo as últimas estimacións dos técnicos que traballan no dispositivo tras dalo por controlado, a superficie afectada provisional sitúase arredor das 1.500 hectáreas. Esta superficie será actualizada cando se realicen novas medicións e darase con exactitude cando estea xeorreferenciada.
Nos traballos de control deste incendio participaron en total 7 técnicos, 39 axentes forestais, 138 brigadas, 1 Grumir, 60 motobombas, 6 palas, 13 helicópteros, 16 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME).
EXTINGUIDO
• Provincia de Lugo
Ás 22:15 horas de onte domingo quedou extinguido o incendio forestal rexistrado no concello de Navia de Suarna, parroquia de Mosteiro, que se iniciara pasadas as 18:00 horas do sábado. Segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada está entorno ás 70 hectáreas, das cales unhas 50 son de raso e o resto de arborado.
Na extinción deste lume traballaron en total 1 técnico, 9 axentes forestais, 24 brigadas, 5 motobombas, 3 helicópteros e 4 avións. Tamén participaron medios do Principado de Asturias e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

