O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da toma de posesión provisional das fincas de reemprazo da concentración parcelaria da Braña, no concello lucense de Baleira.
Con este anuncio ponse en coñecemento dos veciños que poden comezar a usar as novas fincas resultantes deste proceso de reorganización. Esta concentración supón a reorganización da propiedade de algo máis de 730 parcelas, pertencentes a 92 propietarios. Dende o inicio da mesma lévanse investido algo máis de 1 millón de euros, dos cales a meirande parte se destinaron á execución da rede de camiños e ao acondicionamento das novas fincas.
Prazo de 60 dias
A partir da toma de posesión e nun prazo de 60 días, os adxudicatarios van a poder reclamar ante a Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar en Lugo no caso de que existan diferenzas superiores ao 2% entre a cabida real das novas fincas e a que conste no expediente de concentración.

