Publicacións

Compartir

A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma


Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2024
Valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Actualización 2024

Actualización de 2024 dos datos do rendemento e da calidade das variedades comerciais de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia.

ANO: 2024
Nº PAX: 4 | DL: C 347-2024
Agroexprés, nº 6
Agroexprés, nº 6

Neste novo número da revista Agroexprés (nº 6) a portada e o primeiro artigo están dedicados ao noso compañeiro de redacción Julio. Ademais, contamos con outros artigos de temáticas variadas, unha colaboración dunha investigadora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán sobre a prevención dos lumes; dous traballos interesantísimos da Evega; os resultados dun longo ensaio dos investigadores do CIAM; un traballo de colaboración entre o CIAM e o Ligal; e, para rematar, outra colaboración entre o CIAM e a Universidade de Santiago.

ANO: 2023
Nº PAX: 40
Agroexprés 7
Agroexprés, nº 7

Nesta nova entrega de Agroexprés (nº 7)  hai unha importante representación de temas forestais, tamén outros artigos de interese sobre viticultura, fertilización etc., que agardamos que sexan de interese para todos.

ANO: 2023
Nº PAX: 40 | ISSN: 3020-3937
Axenda de impulso da industria forestal-madeira. Revisión 2022
Axenda de impulso da industria forestal-madeira. Revisión 2022

Revisión do ano 2022. Esta axenda naceu para identificar accións que se van desenvolver, promover ou participar desde a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera).

ANO: 2023
Nº PAX: 92 | DL: C 299-2023
Domesticación de cogomelos. Pautas, parámetros, especies e lexislación
Domesticación de cogomelos. Pautas, parámetros, especies e lexislación

Recompilación, tanto bibliográfica coma das experiencias da empresa de base tecnolóxica (EBT) do Laboratorio de Micoloxía da Uvigo, MycoGalicia Plantae, no cultivo de fungos produtores de cogomelos comestibles e de uso micoterapéutico ou nutracéutico, coas indicacións tanto para facelo industrialmente coma na propia casa.

ANO: 2023
Nº PAX: 177 | DL: C 385-2023
Flavescencia dourada da vide
Flavescencia dourada da vide. Medidas de erradicación nas zonas demarcadas actualización. Novembro 2023

Actualización (novembro 2023) da información das medidas de erradicación da flavescencia dourada da vide nas zonas demarcadas.

ANO: 2023
Nº PAX: 6 | DL: C 1972‑2023
Guía para a xestión dos requisitos administrativos aplicables a adegas
Guía para a xestión dos requisitos administrativos aplicables a adegas

Esta publicación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración co Grupo de Enxeñería de Organización da Universidade de Vigo, fai unha recompilación ordenada dos requisitos administrativos, orientada ás adegas (de xeito especial ás pequenas e medianas) pertencentes ás diferentes denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) de Galicia, co propósito de que estas poidan mellorar o seu coñecemento e comprensión destes, e, como consecuencia, o seu cumprimento.

ANO: 2023
Nº PAX: 424 | DL: C 1832‑2022 | ISBN: 978-84-453-5431-5 | Prezo: 15 euros
Manual práctico para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria en Galicia
Manual práctico para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria en Galicia

Este manual ten como finalidade desenvolver unha metodoloxía práctica para realizar a reestruturación parcelaria cunha visión máis integradora, onde a conservación da paisaxe é un valor engadido en todo o proceso.

ANO: 2023
Nº PAX: 188 | DL: C 1553-2023 | ISBN: 978-84-09-5471-8
Nova guía de cogomelos de Galicia
Nova guía de cogomelos de Galicia

Esta publicación é unha guía de consulta eminentemente práctica, útil para aquelas persoas que se queiran introducir no coñecemento dos fungos que medran nos diferentes hábitats presentes na nosa comunidade.

ANO: 2023
Nº PAX: 829 | DL: C 1637-2023 ISBN: 978-84-453-5464-3
Que saber da enfermidade hemorráxica epizoótica
Que saber da enfermidade hemorráxica epizoótica

Información sobre a enfermidade hemorráxica epizoótica

ANO: 2023
Nº PAX: 4 | DL: C 1605-2023