- Procedemento: MR405F e MR405G. Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).
-
A Consellería do Medio Rural, na súa intención de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, así como facilitar a entrada no sector agrario de agricultores axeitadamente formados e, en particular, a remuda xeracional, dado que esta incorporación require a realización de fortes gastos e investimentos por parte da persoa moza que en ocasións non farían viable esa incorporación se o esforzo económico tivese que soportalo integramente a persoa moza, publica a ORDE do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Estas axudas están cofinanciadas nun cofinanciadas nun 60 % con fondos Feader, nun 12 % pola Administración xeral do Estado e nun 28 % pola Xunta de Galicia.Plan: Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).
Encaixe estructural no plan:
Intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización ou mellora de explotacións agrarias.
Subintervención 68412_01 Explotacións.
Subintervención 68412_03 Pequenas explotacións.Finalidade:
- Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
- Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
Beneficiarios:
Persoas titulares/cotitulares dunha explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou ben persoas agricultoras mozas ou novas que soliciten simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agriculturas mozas ou novas.
Prazos:
- Solicitude: 3 meses dende o día seguinte á publicación da orde no DOG.
- Xustificación: máximo de 24 meses dende a concesión da axuda.
- Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.
Lugar e forma de presentación das solicitudes:
- As solicitudes presentaranse obligatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
- A solicitude de axuda será cuberta a través da aplicación informática MELLES, a que acceder mediante o seguinte enlace: https://melles.xunta.gal/melles/sede
Período durante o que deben destinar os bens ao fin concreto: 5 anos dende o pagamento final da axuda, agás PEMES que será durante 3 anos.
Servizo xestor: Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario.
Para máis información, diríxase á Oficina Rural máis próxima á súa localidade.
Links de interese:
- DOG 15 do 22/1/2024 - ORDE do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).
- DOG 28 do 8/2/2024 - ORDE do 5 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G)
- DOG 53 do 14/3/2024 - ORDE do 11 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).
- DOG 53 do 14/3/2024 - EXTRACTO da Orde do 11 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).
- FAQS
-
1.- Para ser Xefe de explotación é necesario estar cotizando pola actividade agraria?
Si.2.- Para ser Xefe de explotación é necesario ter ingresos agrarios?
Non.
3._Unha persoa nova agricultora terá que cotizar pola actividade agraria?
Si.4._Cal é a Renda de Referencia para 2024?
Son 34.049,72 euros.5._ As persoas agricultoras mozas e novas agricultoras poden ser socios da explotación, cotizar na actividade agraria e ter ingresos agrarios previamente aos 12 meses anteriores á solicitude da axuda?
Si.6._As persoas agricultoras mozas e novas agricultoras poden ser xefes de explotación antes dos 12 meses anteriores á solicitude de axuda?
Non.7._Na axuda de establecemento de persoas mozas e novas agricultoras, que quere dicir o requisito “Non ter recibido axuda por primeira instalación”?
Quere dicir que a persoa moza o nova agricultora non poderá ter unha axuda anterior de primeira instalación aprobada e sen renuncia á aceptación da mesma (presentada nos dez días hábiles posteriores á súa notificación de concesión).8.- Na axuda de establecemento de persoas novas agricultoras, que quere dicir o requisito “non considerarse instalado”?
Quere dicir que se fai máis de 12 meses que é xefe de explotación será considerado como xa instalado, e non cumprirá o requisito establecido na axuda.9._ Se teño unha explotación de autoconsumo podo acceder ás axudas de establecemento de agricultores mozos e novos agricultores?
Si.10._ Nas axudas de incorporación de mozos e novos agricultores, pódense superar o 120% da renda de referencia?
Si.11._Teño que ter un ano de antigüidade da explotación para solicitar calquera das axudas MR405?
Non, so teñen que poder demostrar que a súa actividade principal é a agraria.12._ Cal é a diferenza entre unha pequena explotación e unha explotación agraria aos efectos desta axuda?
A Renda Unitaria de Traballo (RUT) da pequena explotación é inferior ao 35% da renda de referencia de 2024 (RR), mentres que a RUT da explotación agraria debe ser maior ou igual ese valor.
Recordamos que a RUT da pequena explotación debe ser igual ou superior ao 20% e inferior ao 35% da RR.13._Son compatibles estas axudas con outras para os mesmos investimentos?
Si, ata cumprimentar a porcentaxe máxima de axuda establecida.14._Nesta campaña 2024 serían subvencionables as colleitadoras de forraxes autopropulsadas e e os carros mesturadores?
Si.15._ Os gastos xerais teñen un máximo e un mínimo?
Si, establécense entre 3.000 euros e 10.000 euros por Unidade de traballo agrario (UTA), ambas cantidades incluídas. Nos gastos xerais reflectiranse os custes de seguridade social da explotación.16._Os gastos de seguridade social dos traballadores da explotación poden incluírse nos gastos xerais da explotación?
Si.17._ Cales son as porcentaxes consideradas para o cálculo da amortización e dos gastos de mantemento de maquinaria, instalacións e construción?
Considéranse os datos seguintes para os cálculos:- Maquinaria: 10 anos para a amortización e 4% do valor de compra para os gastos de conservación e mantemento.
- Construcción e instalacións: 20 anos para a amortización e 2% do valor de construción/compra para os gastos de conservación en mantemento.
En todos os casos, considérase que hai gastos de conservación e mantemento mentres a maquinaria/construción/instalación siga estando na explotación.
18_En canto á viabilidade económicas das axudas, podo optar por uns valores de Produto Bruto e Gastos Variables distintos dos establecidos na Orde sen que se considere un plan aberto?
Si, admítense unha variación dun 5% en ditos valores sen necesidade de xustificación documental en situación prevista.19._ Pódese pedir so maquinaria nas axudas MR405F e MR405G?
Si, ata un importe máximo do 30% de 300.000 euros, que son 90.000 euros para MR405F. O caso de MR405G, o importe máximo é o 30% de 75.000 euros, que son 22.500 euros.
20._ Onde podo actualizar os datos da miña explotación existente?
Os datos de inventarios de maquinaria/instalacións/construcións, orientacións e traballadores actualízanse na aplicación XEAGA (https://xeaga.xunta.gal). Despois a aplicación MELLES (https://melles.xunta.gal/melles/sede) recuperará eses datos e incluiraos automaticamente na solicitude de axuda que se cree.O trámite de ter que dar de alta un novo socio da explotación non poderá facerse directamente en Xeaga. Deberá solicitarse a alta en REAGA.
No caso de querer eliminar un socio existente na explotación pode facer directamente en XEAGA. Se a eliminación un socio implica modificar a porcentaxe de participación na sociedade dos restantes, deberase borrar a totalidade dos socios e voltar a crealos ca porcentaxe de participación definitiva.Os cambios poderán facerse tamén directamente en Melles, pero estes non se trasladarán automaticamente a XEAGA, e polo tanto non estarán dispoñibles para outros borradores de axuda.
21._ Que datos de maquinaria se trasladan á solicitude de Melles desde XEAGA?
A aplicación Melles recolle as máquinas con inscripción do ROMA pertencentes ao titular da explotación e todas as máquinas que non precisan inscrición no ROMA e estean incluídas no inventario da explotación en XEAGA.22._ É posible solicitar como investimento auxiliable a compra de terreos nas liñas MR405D e MR405E?
Si sempre que se adiquen á construción ou instalación das melloras admisibles en ditas liñas de axuda.23._ Pódense solicitar melloras relacionadas ca mitigación ou adaptación do cambio climático nas liñas de axuda MR405F e MR405G?
Si, estas melloras poderán solicitarse nestas dúas liñas, sempre que non se teñan solicitado xa nas liñas MR405D e MR405E.24._ Que se entende por explotación Intensiva a efectos destas axudas?
No caso e explotacións gandeiras considéranse intensivas as explotacións que no Rexistro de Explotación Gandeiras (REGAN) están clasificadas como “Intensivas” ou “Non extensivas”.No caso de explotacións agrícolas, consideraranse intensivas, como mínimo as seguintes:
- Cultivos hidropónicos
- Cultivos baixo plástico
- Viveiros
- Oliveira non tradicional
25.- Se xa teño unha esterqueira, podo solicitar axuda para construír a cuberta?
Si, empregando a clave de mellora 5100_Outros investimentos e presentando tres orzamentos.26._ Algunhas consideracións sobre a construción de fosa de xurro:
- Acreditar volume suficiente para 6 meses: calcularase seguindo o establecido na Consellería de Medio Ambiente. Os cálculos faranse en situación prevista.
- Nas fosas de xurro temos dúas opcións, segundo cumpran ou non as dimensións establecidas na norma complementaria (establecida na Orde de convocatoria destas axudas):
- A fosa de xurro cumpre as dimensións: nese caso, so habería que cubrir a fosa.
- A fosa non cumpre as dimensións: A fosa debe cumprir a MTD deste xeito:
- 3 lados totalmente pechados. O lado restante dos lados pode levar aperturas de ventilación.
- En varios lados poderá levar portas pechadas para introducir o batedor de xurro.
27._ Cal é o volume de almacenamento da fosa de xurro?
Desde a altura do muro ata o nivel do xurro debe haber un mínimo de 50-75 cm, que chamamos marxe libre.
Os cálculos de volume faranse cas dimensións interiores da fosa, descontando a marxe libre no caso da altura. Esta altura de cálculo considérase ata o fondo da fosa, non da cimentación da fosa.28._ Algunhas consideracións sobre as esterqueiras:
- Teñen que cumprir as MTD. Hai dúas opcións que cumpren:
- Esterco tapado cunha manta (clave da mellora 6231_m2 plataforma formigón/soleira)
- conta con soleira impermeable e un sistema de recollida de lixiviados
- manta: non é auxiliable nas axudas de Melloras estruturais, ao ser un consumible
- Construcción dun cuberto (clave da mellora 6316_esterqueira)
- 3 paredes, sen mínimo de altura das paredes e altura libre ata a cuberta.
O material non está definido, pero se o esterco se apoia nos muros, estes serán de formigón.
O módulo será o mesmo no caso de cuberta flexible ou fixa. - soleira impermeable e contará cun sistema de recollida de lixiviados
O módulo calcúlase por m3, polo tanto, a altura das paredes (que non da cuberta) determinará o valor final do módulo.
- 3 paredes, sen mínimo de altura das paredes e altura libre ata a cuberta.
- Esterco tapado cunha manta (clave da mellora 6231_m2 plataforma formigón/soleira)
29._A efectos de solicitar o pago, cando se entende que unha actuación está finalizada?
Unha actuación está finalizada cando o conxunto dos investimentos solicitados e aprobados nese expediente remataron a súa execución e pagamento.
30._Os gastos de seguridade social dos traballadores da explotación poden incluírse nos gastos xerais da explotación?
Si.31._Que quere dicir que Os investimentos para adaptarse a normas de obrigado cumprimento da Unión só serán subvencionables no período de gracia de 12-24 meses?
Quere dicir que solo se pode subvencionar un investimento se non é un requisito establecido por unha norma da UE, salvo que esteamos dentro do período de 12-24 meses que conceda a norma para adaptarse ao cumprimento dese requisito.32._Que orientacións produtivas poden acollerse ao Artigo 33 da convocatoria sobre investimentos subvencionables no período de gracia de 12-24 meses?
Aquelas que aínda teñan algunha entrada en vigor da súa normativa sectorial pendente de cumprirse.33._Que se considera un investimento de simple substitución?
Considérase simple substituación aquel cambio dunha máquina /instalación/construción preexistente na explotación sen que estea perfectamente definida e xustificada a necesidade do mesmo. O solicitante debe aportar a xustificación da substitución na súa solicitude, para que os técnicos que revisen o expediente poida valorar dita circunstancia.
Non se considerarán simple substitución as máquinas de máis de 10 anos e as construcións agrarias de máis de 30 anos.34._Que se considera construción agraria en desuso?
No caso de explotacións gandeiras, enténdese como tal as construción agrarias pertencentes a explotacións que no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras estean de baixa ou inactivo. Despois da aprobación da axuda e antes do inicio das obras, unha técnico da Consellería do Medio Rural fará unha acta de comprobación sobre o terreo do estado da contrución en desuso.53._É necesaria presentar unha memoria técnica para a solicitude das axudas MR405?
Si, hai que presentar unha memoria que vai incluída na propia solicitude, e deben cumprimentala xa que é campo obrigatorio. Na lapela Plan Empresarial da solicitude de axuda MR405, existe un apartado chamado Memoria tco-económica onde o solicitante debe insertar todos os contidos da Memoria, diferenciando a situación inicial e final.36._Hai límite de investimentos por UTA?
Non.
37._Teño que xustificar a dispoñibilidade dos terreos?
So no caso de investimentos en obra civil, no caso de novas construcións.38._Subvencionan a compra de gando nesta convocatoria?
Non.39._Que mellora teño que elixir para solicitar un esparexedor de esterco de menos de 10 toneladas?
Pode solicitalo por unha das claves 5100_Outros investimentos.40._ O módulo de cubrición de fosa de xurro é o mesmo para cubrir unha esterqueira?
Non. A cubrición da fosa de xurro solicítase mediante a clave 6313_M2. cubrición fosa de xurro, con módulo de 50 euros/m2. A cubrición dunha esterqueira xa existente solicitarase mediante a clave 5100_Outros investimentos, sen módulo fixado, polo que se presentarán tres orzamentos.
Se se trata dunha esterqueira de nova contrucción, a cuberta xa vai incluída no módulo da clave 6316_M3 estercoleiro.
41._É posible solicitar como investimentos nestas subvencións a plantación de viñedo?
Non é obxecto destas axudas. Non se considerará ningún investimento dos xa subvencionados pola Intervención Sectorial Vitícola (ISV), entre eles a planta e a plantación. Si poderían ser subvencionados os investimentos excluídos da lista da ISV.42._No caso de investimentos en obra civil, cando teño que presentar o proxecto visado?
No momento de presentar a solicitude da axuda. De non facelo, seralle requirido.43._É necesario cumprir os criterios de prioridade polos que se obtivo puntuación na aprobación da axuda no momento de xustificar a axuda, previo pagamento?
Os criterios de prioridade volverán a ser comprobados á data de finalización do prazo de execución. O solicitante Deberá manter unha puntuación igual ou superior á establecida como punto de corte no momento da aprobación, e sempre superior á puntuación mínima establecida en cada liña de axuda. De non ser así, iniciarase o procedemento de perda do dereito ao pagamento da axuda.44._ Nos investimentos tipo “Investimentos en produción de enerxía: eólica, aerotérmica, fotovoltaica, etc” é necesario presentar proxecto e terá que asinalo un enxeñeiro agrónomo ou enxeñeiro técnico agrícola?
Será necesario o proxecto se así o establece a normativa sectorial para contar cos permisos administrativos correspondentes. Nese caso, a documentación requirida para a concesión do permiso aportarase á solicitude da axuda. Non é necesario que un enxeñeiro agrónomo ou enxeñeiro técnico agrícola asine os proxectos destas instalacións.45._As placas solares poden verter á rede?
Non. No momento da certificación da axuda, teñen que achegar o boletín de alta da instalación no que debe recoller: Instalación de autoconsumo sen vertido á rede.
46._Que táboas de equivalencia de UGM empregamos para os nosos cálculos?
As últimas táboas actualizadas, as empregadas pola Subdirección de Gandaría, que están en vigor na actualidade.47._Quero incluir na solicitude da axuda, lapela Maquinaria e Instalacións, unha instalación ou construcción e non atopo unha clave adecuada no campo Código. Que clave emprego?
A clave 77_Palloza, detallando no campo “Edificación e Instalación” a descrición real do elemento introducido.48._É subvencionable unha nave de porcino en desuso que non cumpre a normativa en vigor?
Si, a compra da nave é subvencionable, pero non o é a adecuación da mesma á normativa vixente, salvo encontrarse no período de gracia establecido pola normativa vixente.49._Considérase en desuso unha construción non finalizada?
Non, os investimentos non serán subvencionables porque xa están iniciadas as obras.