Plan Nacional de vixilancia da febre do Nilo Occidental

Compartir

Esta enfermidade vírica transmitida por mosquitos afecta a aves e équidos, sendo transmisible ás persoas.

É unha enfermidade cada vez máis prevalente en Europa, ao que se engade o risco de que a consecuencia das alteracións clímaticas se incrementen en Galicia as poboacións de mosquitos transmisores da enfermidade.

O plan de vixilancia en Galicia está estruturado nos seguintes apartados:

  • Vixilancia activa en aves sentinelas que son analizadas periodicamente entre os meses de maio e novembro.
  • Rede de vixilancia entomolóxica: mediante a instalación de trampas de captura do mosquito transmisor distribuídas xeograficamente por todo o territorio galego e integradas na Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por vectores.
  • Rede de vixilancia pasiva en aves silvestres, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, consistente na detección de mortalidades anormais de aves e a toma de mostras para diagnóstico desta enfermidade.
  • Vixilancia pasiva en animais equinos: anualmente os servizos veterinarios oficiais solicitan, a través dos Colexios Veterinarios Oficiais, a colaboración dos veterinarios clínicos de equino co fin de que notifiquen de inmediato a presenza de animais sospeitosos de padecer esta enfermidade.

Ata a data, en Galicia non foi detectado ningún caso desta enfermidade nin en aves ni en équidos.