O control oficial dos SANDACH dento do marco do control oficial da cadea alimentaria xustifícase polo ricos de que no seu caso determinadas materias excluidas por motivos sanitarios da cadea alimentaria se reintroducisen na mesma ben indirectamente, principalmente vía pensos de animais produtores de alimentos, o ben directamente mediante alimentos humanos.
O Programa de Control Oficial de Subprodutos Animais Non Destinados ao Consumo Humano (SANDACH) reallízase en establecementos e operadores de transporte sobre a base dunha análise de risco e que constitúe un marco básico e uniforme de actuación para o control dos SANDACH en toda Galicia.
O primeiro eido deste control oficial descansa nas competencias no rexistro e autorización de establecemento, operadores e actividades e o control oficial dos mesmos, incluídas os operadores adedicados a transportalos.
O obxectivo xeral deste Programa é verificar que determinados subprodutos xerados, eliminados ou utilizados na Comunidade Autónoma de Galicia son xestionados segundo os requisitos de seguridade establecidos na normativa europea, nacional e autonómica correspondente,de xeito que non constitúan un perigo para a saúde pública, a sanidade animal nin ao medio ambiente.
Para alcanzar este obxectivo:
- Estableceranse unhas actuacións mínimas harmonizadas de control oficial, nas que se contemplarán principalmente.
- Estableceranse mecanismos que permitan obter información actualizada.
Plans de emerxencia.
Se derivado dos achados no marco deste Programa de Control ou fora de el se detecta se un incumprimento ou situación que supoña un risco grave para a saúde pública, a sanidade animal ou o medio ambiente derivado dos SANDACH prevese a aplicación dun programa de emerxencia operativo no que se incluirá as medidas para adoptar, as autoridades que han de intervir, as súas competencias e responsabilidades e a canle da información.
Planificación dos controis oficiais. Inspecións.
Establécense grupos de actividades con obxectivos diferentes de control e de selección de operadores, en función de criterios de risco. O universo de establecementos, plantas e operadores a controlar obterase directamente do rexistro
xeral de establecementos, plantas e operadores SANDACH dispoñible na páxina Web mantida pola CNSANDACH