Identificación e rexistro

Compartir

A identificación e rexistro tanto de explotacións gandeiras como dos animais mantidos nelas, son unha necesidade ineludible para un desenvolvemento harmónico dos sectores gandeiros, a elaboración e execución dos distintos programas oficiais de control, o coñecemento estatístico do sector gandeiro galego e fundamentalmente unha ferramenta indispensable que garante a trazabilidade integral de animais e os seus produtos e subprodutos.

A Consellería do Medio Rural, no ámbito da gandaría é o departamento responsable do:

  • Rexistro de explotacións gandeiras (REGA): integrado no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA): nel se integran todas as explotacións gandeiras de Galicia, tanto as meramente produtivas (p.ex: granxas de vacún de leite, cebadoiros de porcino, granxas de polos...etc) como outras instalacións que albergan animais sen esa finalidade (p. ex: mercados, operadores comerciais, matadoiros, centros de investigación, etc) 
  • Rexistro e identificación animal: neste rexistro, fundamental a efectos sanitarios e de seguridade alimentaria e trazabilidade, inclúense tanto as especies animais que contan con identificación individual obrigatoria (bovinos, ovinos, cabrúns e equinos), como as especies que se identifican non individualmente senón por lotes (aves, porcino de cebo, coellos...etc).

Existen programas de control oficial da identificación animal que se levan a cabo anualmente nunha mostra representativa de explotacións e animais identificados individualmente.