Ordenación sectorial e trazabilidade

Compartir

A ordenación zootécnica dos diversos sectores é unha ferramenta fundamental para un desenvolvemento harmónico dos mesmos, garantindo a súa viabilidade económica futura, cun adecuado desenvolvemento que contemple aspectos zootécnicos e produtivos, sanitarios e medioambientais principalmente.

O grao de ordenación sectorial é diferente segundo a produción gandeira de que se trate. Historicamente, os sectores gandeiros máis intensivos e industrializados (porcino e avicultura) son os que contan con normativa máis desenvolvida ao respecto. Outras producións gandeiras como a apicultura, cunicultura ou máis recentemente o gando equino, contan así mesmo con normativa estatal e autonómica de ordenación sectorial.

Finalmente, está en fase de estudo e avaliación a nivel ministerial a produción de gando bovino.

A ordenación sectorial establece unha serie de condicións de funcionamento das explotacións gandeiras, establecendo aspectos sobre infraestruturas, instalacións e equipamentos, ubicación das explotacións, capacidades máximas, prácticas da actividade, inscrición en rexistros oficiais e levanza de determinados rexistros da explotación, entre outras.

Os Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural son os responsables da supervisión do cumprimento das normativas sectoriais de ordenación, tanto no trámite de inicio de actividade das explotacións gandeiras como na supervisión e control do seu cumprimento posterior.